Skip to Content

Relación de vacantes de ESO e bacharelato [2017-18]

Relación de vacantes que oferta o IES Pintor Colmeiro (Silleda – Pontevedra) en ESO e bacharelato para o curso 2017-2018:

  • 1º ESO: 6 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou)
  • 2º ESO: 26 prazas 
  • 3º ESO: 6 prazas 
  • 4º ESO: 15 prazas 
  • 1º BAC: 30 prazas 
  • 2º BAC: 41 prazas 

Lembramos que o alumnado que estea matriculado no IES Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.

O prazo para a cumprimentación de solicitudes de admisión estará aberto entre o 1 e o 20 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.

Máis información e acceso aos formularios nesta ligazón.



story | by Dr. Radut