Club de lectura

ROTEIRO LITERARIO EN CELANOVA

2016-06-07 08:45
2016-06-07 18:10
Europe/Madrid

ROTEIRO LITERARIO EN CELANOVA

O 7 de xuño tivo lugar a saída polas terras de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro d@s integrantes do CLUB DE LECTURA e membros colaboradores da biblioteca, acompañados polos profesores Patricia Peña e Juan Carlos Lago.

GAÑADORAS DO CONCURSO "QUEN SON?"

As alumnas gañadoras do concurso son:

Elena Fernández Troncoso (2º bacharelato B)

Silvia Avalle Rodríguez (4º ESO B)

Noraboa!!!!

Concurso: QUEN SON?

Nestas fotografías aparecen persoeiros que destacaron en diferentes campos nos anos 60.

Para participar no concurso, debedes recoñecer e anotar o seu nome e a súa ocupación nunha das fichas que atoparedes na entrada do Centro. Cando teñades todos os nomes cubertos, por favor, entregádea na biblioteca co voso nome, apelidos e curso.

O primeiro en facelo correctamente gañará un vale de 20 euros en Copirey.

Igualmente, sortearemos entre todos os participantes, outro vale pola mesma cantidade.

PRAZO: do 19 de xaneiro ao 19 de febreiro.

BULIDE!

Actividades complementarias XUÑO 2015

- Luns 8 e martes 9: Apadriñamentos lectores no CEIP Fernández López.

- Martes 9: Día de  Portas abertas para o alumnado de 6º de Primaria  dos centros adscritos ao instituto.

- Venres 12: Concerto dos grupos  de 3º ESO e o alumnado do IES Ribeira do Louro neste centro.

- Martes 16: Saída ás Illas Cíes co alumnado de 1º ESO.

- Xoves 18: Saída á Illa de Ons dos grupos do Club de Lectura.

- Venres 19: remate das clases. Festival "Tú sí que vales" con actuacións dos alumnos e exhibición e Torneo de Jugger.

 

- Martes 23: Entrega de notas. É indispensable levar ao centro os libros pendentes de devolución da biblioteca así como os libros de texto adquiridos co vale solidario no comezo do curso.

 

Distribuir contido