Familias

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS. Curso 2017-18

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS. Clic AQUÍ

LISTA PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS. Clic AQUÍ

 

O periodo de reclamación á lista de excluídos remata aos dous días hábiles da publicación (Data de publicación 14. xullo. 2017)

Listas definitivas: 15 de setembro

FELICES VACACIÓNS 2017

Rematado o curso 2016-17 queremos desexarvos 

O IES PINO MANSO NA VANGARDA DAS TECNOLOXÍAS: O CONSELLO ORIENTADOR DO ALUMNADO a través da AULA VIRTUAL

O Consello Orientador, que para todo o alumnado da ESO debe incorpararse no seu expediente, será realizado nas sesión de avaliación polos equipos docentes a través da plataforma corporativa Moodle.

Esta iniciativa que xa se levara a cabo de xeito experimental o curso 2015-16 nos cursos LOMCE, e dicir, 1º ESO e 3º ESO, iste ano englobará a todos os cursos da ESO, segundo a Orde 9 de xuño 2017.

A capacidade e voluntade do profesor de Tecnoloxía Luis Lorenzo Paris, fixo posible o deseño do mesmo coa finalidade de economizar o tempo das avaliacións e focalizar as sesións na valoración dos Obxectivos e Competencias acadadas polo alumnado.

GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!!

CELEBRACIÓN DO 50 ANIVERSARIO DO IES PINO MANSO

2017-06-23 15:00
2017-06-23 22:00
Europe/Madrid

Hoxe celebramos o final de curso.

Xa que estamos de Aniversario, os profesores, ex profesores, alumnos, ex alumnos, persoal docente, ímos compartir un xantar na cafetería. Trátase de lembrar e de manter esta ilusión que a todos nos une: o ensino.

PROGRAMA:

Recepción: 14:30-15:00h

Xantar: 15:00h

Percorrido polas instalacións do Centro: 17:00h

Actuacións do alumnado: 18:30h

Actuación de Roi Casal (Agasallo do Concello): 20:00h

GRAZAS a tod@s por compartir unha data para a HISTORIA

O xantar achegou a distintas xeracións que compartiron experiencias e anécdotas

Non faltaron as fotografías e tampouco... a "morriña"

Espectador@s atent@s ás actuacións dos seus compañeir@s. NORABOA pola actitude

Iago Álvarez responsable do son, Iria Gómez, Raquel Rodríguez e Anabel Suárez como presentadoras, tod@s eles alumn@s de 1º de Bacharelato, colaboraron na celebración deste acto.

GRAZAS!!!!!!!!!!!!!!!!!

Raúl Xosé Francés, alumno de 1º ESO, fixo unha mágnífica interpretación ao acordeón. Antía Domínguez e Nerea Palma, alumnas de 2º ESO bailaron a ritmo de "dance".

Román Bugarín, alumno de 1º Bacharelato divertiunos cun monólogo no que participou o profesor de Latín, Manuel Ares e Alicia Vilar, alumna de FP Básica "Informática de Oficina" emocionounos cunha extraordinaria interpretación da "danza do ventre"

NORABOA A TOD@S

Paula Madero fixo bailar aos alumn@s cunha extraordinaria interpretación en inglés.

Ás 20:30h e grazas á colaboración do Concello, para homenaxear o 50 ANIVERSARIO deste centro educativo, Roi Casal e o seu grupo fixeron gozar ao público que se achegou ás instalacións do IES Pino Manso

UNHA XORNADA PARA A HISTORIA

venres, 23 de xuño, 2017

 

 

UN ENSINO BASEADO EN TAREFAS. DEPARTAMENTO DE MÚSICA. Curso 2016-17

O ensino baseado en tarefas é unha forma activa de ensinar e de aprender.

A profesora de música Patricia Peña, desenvolveu co alumnado de 1º ESO e 2º ESO algunhas tarefas moi interesantes que podedes visionar facendo clic nos seguintes enlaces.

Neste enlace comprobaredes a labor de investigación do alumnado de 2º ESO sobre instrumentos musicais e a posterior edición online:

 https://sites.google.com/view/instrumentarte/p%C3%A1gina-principal

Neste video veredes como o alumnado de 1º da ESO realizou un titorial para facer libros:

 

Neste video podedes ver exemplos de como os alumnos aprenderon a deseñar os seus propios libros:

 

ANATOMÍA APLICADA: OS TRANSPLANTES DE ÓRGANOS. Curso 2016-17

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que se pode facer para aprender a importancia que teñen os transplantes de órganos como medio de salvar vidas.

Facer clic no enlace que aparece a continuación:

https://drive.google.com/file/d/0Bw9Y6IDDVom_WWV5Ri12cmhDWUE/view?usp=drive_web

 

Distribuir contido