XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO DOS CENTROS ADSCRITOS DA ESO. Curso 2018-19

2018-06-08 10:00
Europe/Madrid

O venres, día 8 de xuño, tivemos unha xornada de acollida para o alumnado dos centros adscritos ao IES Pino Manso:

CPI Fernández López

CPI Plurilíngüe de Atios

E tamén para aqueles alumnos e alumnas que proceden doutros centros e que farán o ano que ven os estudos de secundaria no noso centro. Foron recibidos polo director, Juan Aguilar, e acompañados en todo momento pola orientadora Sofía Areal e a profesora de pedagoxía terapéutica, Mercedes Alfaro.

Os anfitrións de 1º da ESO acompañaron aos futuros compañeiros polas instalacións do Pino Manso. No ximnasio, onde os profesores Jota e Susana, explicáronlle algunhas claves do deporte. Na aula de Debuxo o profesor Juan Carlos Lago amosoulle algunhas das orixinais creacións dos seus alumnos. Tamén estiveron percorrendo a biblioteca, onde a profesora Patricia lles explicou, entre outras cousas, a posibilidade do voluntariado. No laboratorio puideron gozar cos experimentos que a profesora Mª José preparara para eles cos seus alumnos de PMAR.

A xornada rematou na cafetería.

BENVIDOS!!!!!!!