INTERCAMBIO DE POSTAIS

2019-02-08 19:56
Europe/Madrid
O alumnado de 1º e 2ºESO participa nun intercambio de correspondencia organizado polas profesoras de Francés do noso centro e unha profesora de español no Collège Albert Camus de Briare (a 1h de París), ex-alumna do IES Pino Manso, Patricia González Almeida.
No primeiro trimestre os noso alumnado confeccionou unhas fermosas postais no marco dunha actividade proposta polo profesor de Plástica, Juan Carlos Lago Bravo, e estas foron completadas con textiños en francés traballados nas aulas para seren enviadas aos novos corresponsais franceses Aquí tendes aos nenos felices e moi ilusionados coas súas postais redactadas en castelán polos rapaces franceses que llas enviaron.
No segundo trimestre continuaremos cos intercambios!
 
Podedes ver máis imaxes no seguiente enlace: