O Bacharelato é a última etapa da Educación Secundaria, ten carácter voluntario e a súa duración é de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.
Ten modalidades diferentes que permiten unha preparación especializada dos alumnos para a súa incorporación a estudos superiores ou á vida activa. No IES A Pinguela impártense dúas modalidades: Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais e Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía.
|