Skip to Content

Información

PROXECTO ALCOA

O proxecto "Prevención de riscos laborais en centros de FP da Mariña Luguesa" levouse a cabo, en colaboración coa Fundación Alcoa de San Cibrao (Lugo), durante o curso 2008-2009 nos centros educativos CIFP Porta da Auga de Ribadeo, IES Perdouro de Burela e IES María Sarmiento de Viveiro.

Deste proxecto xurdiu unha guía de prevención de riscos que se pode descarga dende a seguinte ligazón:

GUÍA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Os alumnos e alumnas do IES Perdouro que participaron no proxecto Alcoa,  xa poden pasar a recoller o certificado de nivel básico de Prevención de Riscos Laborais.

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN CENTROS DA MARIÑA LUCENSE

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria presentou xunto coa Fundación Alcoa (imaxe do acto) o proxecto PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN CENTROS DA MARIÑA LUCENSE o pasado día 5 de novembro, no que participarán no curso actual os centros:

  • CIFP Porta da Auga de Ribadeo
  • IES María Sarmiento de Viveiro
  • IES Perdouro

Máis información:

Presenza na prensa:


Distribuir contido


by Dr. Radut