Temos programado un obradoiro de poesía con Carlos Negro que terá lugar na biblioteca no centro o vindeiro mércores, día 16 de novembro. A actividade que vai destinada ao alumnado de 3º ESO estimulará a escritura creativa. O poeta falaralles dos roles, dos estereotipos de xénero, de igualdade e das "novas" masculinidades.
Se queres coñecer parte da súa obra, podes atopar os seguintes exemplares na biblioteca.
Ademais, topes ler libros en internet e facer a túa propia librería virtual. Google dispón dunha recopliación de libros clasificados por temas de interese. http://books.google.es
Nace un novo concepto de libro, Un Libro Total, que contén todo o relacionado cunha obra, ferramenta moi doada e intuitiva (audio, diccionario, imaxes, traduccións, obras relacionadas, etc...).