Skip to Content

Curso 2019-2020

Viaxe a Sargadelos e San Cibrao (17-01-2020)

A primeira parada na nosa viaxe foi en Sargadelos onde visitamos o antigo complexo industrial, o cal albergaba unha fábrica de siderurxia e outra de cerámica. Dúas fabricas máis, unha de productos téxtiles e outra de vidro completaban o proxecto de Antonio Raimundo Ibáñez, dono do complexo, aínda que estas últimas non chegaron a materializarse polo asasinato do seu dono. Ibáñez, nacido en Asturias, traballaba durante a súa mocidade na casa comercial Guimarán en Ribadeo. Ali comezou a forxar a súa fortuna investindo os cartos do amo en aceite, o cal tamén o levaría ó despido, por realizar este acto sen consentimento dos seus superiores. Durante os seguintes anos casou e seguiu aumentando o seu capital ata 1796 cando abriu a súa primerira fábrica, a siderúrxica, á que lle seguiría a de céramica uns anos despois.

Charla sobre doazóns

O pasado martes 28 de xaneiro de 2020, os alumnos e alumnas de 4º da ESO así como o alumnado de Anatomía de 1º de BAC fomos a unha charla dada por Antonio Carcedo, un membro de ADOS (Axencia de Doazón de Órganos e Sangue). Nesta charla, que durou aproximadamente dúas horas, informáronnos sobre os compoñentes do sangue, os procesos de doazón de sangue e medula e os requisitos necesarios para poder ser doante. Explicáronnos tamén que agora contan con novas tecnoloxías que melloraron e impulsaron a doazón de sangue, como o incremento das unidades móbiles que se moven por todas as provincias de Galicia. Fixo especial fincapé na importancia de doar sangue e tamén medula, xa que moita xente ten medo a facelo, cando isto non é prexudicial para a saúde e pode salvar moitas vidas.
Pareceunos unha charla moi interesante e sobre todo necesaria para concienciar á xente de que a doazón é algo imprescindible. Aprendemos cousas novas que considero moi importantes para a nosa formación e tamén coñecemos como facer no caso de que decidamos facernos doante. 
 
Cecilia Gacía López -1º Bacharelato

Proxecto Fundación Expomar : charla Mariñeiros da Moncloa e obradoiro de nós Mariñeiros (15/11/19)

O día 15 de novembro os alumnos e alumnas de 4º ESO do IES Perdouro tivemos unha charla na biblioteca do centro que organizaba a Fundación Expomar, na que membros da Asociación de Mariñeiros Xubilados A Moncloa viñeron contarnos as súas vivencias, respostarnos todas as nosas preguntas e ensinarnos nós mariñeiros.
Na primeira parte da charla, contáronnos algunhas experiencias, como era a súa xornada de traballo e o día a día no barco. Despois, algúns dos alumnos formularon preguntas que tiñan preparadas.
Na última parte, dividíronnos en grupos e en cada un deles un ex-mariñeiro ensinounos a facer algún dos nós máis coñecidos e tamén nos explicaron cales eran os máis usados e por que.
Foi unha charla interesante na que nos achegamos algo máis ao mundo do mar tan presente na nosa vila. 
Accede à reportaxe fotográfica aquí.
 
Martín González Cabanas – 4º ESO B

Visita a Lugo: Fundación TIC e Domus do Mitreo (11/12/19)

Na chegada do alumnado do IES Perdouro ao edificio da Fundación TIC, localizada na localidade de Lugo, fomos recibidos por Laura, docente da escola, que nos presentou as instalacións por medio dun vídeo que recollía os lugares que iamos percorrer, como tamén os ciclos formativos que se podían cursar.
Na primeira sala, mostráronnos o plató, de grandes dimensións, onde se gravan as reportaxes, actuacións e telediarios. Un gran teito, con diversos focos que o acompañan, ... seguir lendo a crónica de Beatriz Botelho Melo – 4º ESO A Luis López Ramos - 4º ESO B  no blogue de Perdourando.
 
 

Presentación do libro "Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz"

Antón Niñe naceu no concello de Barreiros en 1958. Foi durante moitos anos profesor de Relixión no IES Perdouro de Burela, tamén é autor de libros e foi presidente da A.C. Os Matos de Burela.
En outubro publicou un libro titulado Navegando a bordo do San Lorenzo de Foz. O seu libro ten 5 capítulos e conta a historia dun barco de cabotaxe. Dedicou varios anos a investigar nos arquivos do barco, nas bibliotecas e a falar cos tripulantes. Escribiu este libro para gardar a memoria do barco, de seu pai (que foi patrón do mesmo) e dar a coñecer desta embarcación.
O barco foi construído en 1944 nun estaleiro de Asturias e despezárono en 1965. Navegou 21 anos, 19 deles seu pai estivo a bordo, 4 de mariñeiro e 15 de patrón. Como era un barco de cabotaxe transportaba moitos tipos de mercadorías como madeira ou cemento. O barco levaba 9 tripulantes entre o patrón, o fogoneiro, o cociñeiro e os mariñeiros.

Viaxe a Lugo: visita á muralla, a Domus de Mitreo e a catedral

Ás 8:35 saímos de camiño a Lugo. (...) Primeiro, fomos ver uns documentais e ler información sobre a muralla de Lugo no Centro de Interpretración da Muralla, que está situado na Praza do Campo. Nos vídeos, diferentes expertos falaban das características da muralla de Lugo, de como se construíu...
Despois, fomos á Domus do Mitreo e vimos como eran as casas na época dos romanos. Aprendemos ... seguir lendo a crónica de Paula López Calvo – 2º ESO no blogue de Perdourando.
(15/11/19)

Obradoiro de radio - Proxecto Neo na biblioteca

Os integrantes de Proxecto Neo convertiron a biblioteca nun estudio de radio e confeccionaron un obradorio cunha simulación de programa destinado ao alumnado de 1º ESO.

Accede a completa reportaxe fotográfica aquí.

Esta mañá, a equipa do programa de radio "Proxecto Neo" impartiu no noso centro uns obradoiros sobre o funcionamento do equipamento da radio e do propio programa. Os alumnos participantes foron os de 1° da ESO, acompañados polos seus profesores de galego, castelán e inglés.
Os obradoiros foron impartidos na biblioteca do centro, onde a equipa tiña montado unha simulación do local onde imparten dito traballo. O obradoiro consistía en dúas partes: unha primeira parte máis teórica onde se lles explicaba o funcionamento dos aparellos cos que traballaban, a produción do guión, como se contactaba cos entrevistados, etc; e unha segunda parte máis práctica onde simulaban a produción dun programa en directo. Nesta segunda parte participaron como entrevistados profesores e alumnos, tratando temas relacionados coa súa infancia, o seu percorrido académico e mesmo falando sobre diferentes actividades que practicaban no seu tempo de lecer.
Xa cara o final, os alumnos puideron facer varias preguntas para aprender ou concretar algunha das súas dúbidas. Esperamos que disfrutaran e lles gustara este obradoiro e o interese polo programa escolar xurdira en moitos deles.

Alejandra Alonso Fernández - 1°BAC

Día da ciencia en galego: Scape Game

O día 28 de Novembro de 2019 os alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Perdouro levamos a cabo un scape game no que tiñamos que buscar un antídoto para salvar o mundo dun virus letal.

Un scape game é un xogo onde a lóxica e o inxenio son imprescindibles para resolver as pistas dos diferentes retos e poder acabar o xogo con éxito. Moitas das pistas viñan cifradas empregando os números dos elementos da táboa periódica de Mendeléiev.
Neste caso, o xogo foi desenvolvido nas diferentes instalacións do centro ao longo da mañá e dividímonos en cinco equipos. Cada equipo tiñamos unha cor identificativa que homenaxeaba unha madriña de exepción: María Wonenburger, Ángela Ruíz Robles, Isabel Zendal, Ángeles Alvariño, e Margarita Salas finada o pasado 7 de novembro de 2019.
As actividades que tivemos que superar consistiron en:
- Na actividade de Matemáticas tivemos que resolver unhas ... seguir lendo a crónica de Mateo Balseiro – 3º ESO B no blogue de perdourando.

Banco solidario de alimentos

O pasado mes de decembro, os alumnos e alumnas de 3º de PMAR fixemos unha recollida solidaria de alimentos e produtos de hixiene no IES Perdouro. Fomos clase por clase pedindo a colaboración do alumnado e do profesorado do centro e, ao final, donamos todo o que trouxeron á delegación de Burela do Banco de alimentos de Lugo.
Queremos agradecer a colaboración a todas as persoas que fixeron posible esta iniciativa.
 
Alumnado de 3º de PMAR

Campionatos San Xoán Bosco - Os Matos

 

O apalpador visita o IES Perdouro

O pasado venres 20 de decembro recibimos unha visita moi moi especial: o apalpador baixou das súas montañas do Courel ata a Mariña para apalpar as barrigas do noso alumnado. Estivo repartindo caramelos polas clases e no recreo deixouse fotografiar. 
Aproveitamos a súa visita para que fixese entrega dos diplomas do certame "Adorna a porta da aula - Especial Nadal".
Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Felices Festas!!

 

Batalla dos MCs - Freestyle Rap

Esta mañá tivo lugar uns duelos moi peculiares.
Para finalizar o trimestre, a aula de música acolleu unha exhibición de rap libre.  (Freestyle rap)
O campionato internacional da Batalla de los Gallos de Red Bull celebrouse o pasado 30 de novembro en Madrid e deunos pé a convocar o noso propio certame entre o alumnado.
Os participantes tiveron que demostrar a súa capacidade de improvisación verbal empregando as rimas e meténdose algo co contrincante da batalla, pero sen faltarlle ao respecto. 
Os compoñentes do xurado foron Dolores, profesora de música; Miruca, profesora de lingua galega, e Benxa, profesor de Educación física. 

En cada rolda íase eliminando un dos candidatos ata a rolda final. Hugo Soto fixo de speaker ou mestre de cerimonias e mantivo animado o público. Os finalistas foron Nicholas López e Christian Sleyther, ambos alumnos de FPB.
Felicitamos a Nicholas, gañador desta primeira batalla.

Se queres saber máis sobre o tema, podes ler estes artigos: https://elpais.com/noticias/batalla-gallos/

Obradoiro de danza contemporánea - Programa IGUAL SON

O 29 de outubro Xiana Vilas Castro, bailarina profesional e profesora de danza, tivo un encontro cos alumnos de Música de 4º ESO para realizar un obradoiro de dúas horas en torno á danza e á igualdade.
A pesares de que a danza é un mundo maioritariamente feminino, antiguamente a dirección e a coreografía eran principalmente masculinas, o que facía que as coreografías creadas por mulleres non fosen visibles.
No século XX a danza contemporánea nace coma unha danza revolucionaria, da man de mulleres pioneiras e avanzadas ao seu tempo: ... seguir lendo a crónica de Marta Rodríguez, 4º ESOno blogue de Perdourando.

Escola Náutica de Ferrol

O pasado día 5 de decembro recibimos a visita de Sergio López, presidente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, e de Enrique Cobelo, docente da Escola Náutica de Ferrol.
 
O acto, dirixido ao alumnado de 4º de ESO, comezou coa intervención de Sergio López, que nos resaltou a importancia do porto de Burela na frota pesqueira nacional xa que conta con 30 barcos de altura, antes de pasar a presentarnos a Enrique Cobelo, director da Escola Náutica de Ferrol e asiduo visitante do porto de Burela co alumnado do centro educativo.
O profesor convidado fíxonos unha breve presentación do centro ... seguir lendo a crónica de Noé Fernández Quelle – 4º ESO B no blogue de Perdourando.
Distribuir contido


by Dr. Radut