Skip to Content

COMBAS NOSO CENTRO

 

Inicio 

 

Introdución

COMBAS noso centro

Departamentos

Actividades

Materiais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A educación non pode esgotarse en si mesma, non debe ser un saber para saber, senón que debe converterse nun saber para vivir, é dicir, para desenrolarse adecuadamente como persoa, para relacionarnos, para traballar, para mellorar nosas expectativas ao longo da nosa vida. Nesta dirección apuntan as competencias básicas. Temos a obriga de reflexionar  a carón do "para que" educamos, o que nos permitirá ir introducindo modificacións para facer máis eficiente este sistema.

Os sistemas educativos europeos tenden a aproximarse, a ter obxectivos comúns, a tratar de abordar os problemas dende perspectivas semellantes, e a empregar os mesmos instrumentos para avaliar os seus resultados.

Nesta liña de converxencia, a Unión Europea, estableceu obxectivos, criterios comúns na delimitación e definición das competencias básicas e recomendou os países membros a paulatina adaptación dos seus sistemas educativos a ese marco legal. Estas recomendacións concretáronse nas normativas que outorgan  especial relevancia as competencias básicas.

A participación por parte deste grupo de profesores no Proxecto COMBAS ten como obxectivo  facer modelos, establecer orientacións, facer exemplificacións e instrumentos que faciliten a tarefa na concreción das competencias no currículo.



page | by Dr. Radut