Skip to Content

PROXECTO COMBAS

 

 

Inicio 

 

Introdución

COMBAS noso centro

Departamentos

Actividades

Materiais


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O proxecto COMBAS é a primeira acción do Programa de Cooperación Territorial nº 2: “Consolidación de las competencias básicas como elemento esencial del currículo”.

É un proxecto de innovación do Ministerio de Educación, que en colaboración coas Comunidades Autónomas e a través do IFIIE (Instituto de Formación, Investigación e Innovación Educativa), busca aumentar a posibilidades de éxito escolar mediante a aprendizaxe das competencias básicas e do seu recoñecemento avaliación.

Trátase dunha experiencia piloto promovida durante o ano 2011 centrada no asesoramento e a formación do profesorado no propio centro educativo. Facilita a elaboración de materiais que ofrezan unha plataforma para a concreción curricular das competencias básicas, incorporadas na educación obrigatoria en 2006 pola Lei orgánica de educación.

No ano 2011, o proxecto organizouse en dúas modalidades: A1 e A2. A modalidade A1 é para centros sen experiencias previas de traballo por competencias básicas. A través de seis actividades trátase de analizar cales son as condicións máis favorables para traballar as competencias básicas. Iníciase o proceso de integración no currículo a través de exemplificacións no traballo real da aula, a metodoloxía, a avaliación etc.

A modalidade A2 consiste no asesoramento necesario para levar a cabo un diagnóstico da situación actual e incorporar de forma progresiva ao centro aquelas condicións que resulten máis favorables para a aprendizaxe das competencias básicas. Elabóranse documentos que serven de referencia en programacións, proxectos educativos, plans de mellora etc.

Nesta experiencia participan 150 centros de toda España, de educación primaria e secundaria, dos cales 8 son de Galicia.

Máis información.



page | by Dr. Radut