O IES Perdouro é merecedor do segundo premio de Generación ECO de Galicia, tras responder aos nove retos que a entidade sen ánimo de lucro Ecovidrio colgou na súa páxina web. Segundo os seus datos, o IES Perdouro é un 74,46 % eficiente, fomos quen de evitar a emisión de 7529,16 Kg de CO2 e aforramos 2629,91 litros de auga, o que permitiu ese segundo posto con 395 puntos. Este premio foi posible grazas á implicación de todo o instituto, xa que os diferentes Departamentos e o alumnado de ESO, Bach, FP Básica e Ciclos puxeron o seu gran de area de moi diversas maneiras:
- As plantas aromáticas foron aproveitadas no Ciclo de Peiteado e Cosmética Capilar e polo alumnado de 2º PMAR, que fixeron un glosario.
- O Departamento de Mecanizado instalou un depósito conectado ao canalón máis próximo á nosa horta, para aproveitar a auga da chvia.
O premio que gañamos consiste precisamente en materiais para un horto educativo (mesas de cultivo de madeira tratada. substrato ecolóxico, regadeiras, palas, xogo de ferramentas, canas de bambú, anciño, sementes, compostadora e aireador de compost). Non temos dúbida de que esta mellora do horto servirá para poñer en práctica nos vindeiros cursos moitos outros proxectos educativos. Finalmente, queremos enviar dúas felicitacións:
• Primeiro, á TODA a nosa comunidade educativa, pola participación como equipo para a consecución destes retos, dos que nos estivo informando a nosa profesora de Bioloxía e Xeoloxía Charo Fernández.
• Segundo, a todos os centros educativos participantes, non só aos outros gañadores galegos, o do primeiro premio, o IES Xograr Afonso Gómez (Sarria); e o do terceiro, o CPI Arquitecto Palacios (Nigrán), senón a todos os centros participantes nos concursos de Galicia, Andalucía e a Comunidade de Madrid, porque estes retos contribúen a crear nas futuras xeracións unha conciencia ecolóxica máis que necesaria.
Deixamos aquí a ligazón aos nosos 9 retos:
Reto 2: Imos á COP26
Reto 3: Verde Nadal
Reto 4: Responsable de sostibilidade na casa
Reto 5: Móvete en verde
Reto 6: Cada pinga conta!
Reto 7: Recreos Residuo Cero
Reto 8: Punto limpo
Reto 9: A comunidade educativa contra o cambio climático