Skip to Content

"Explorando os mundos virtuais" no IES Perdouro

O alumnado de 4º ESO de Tecnoloxía formará parte dun grupo de 30 centros galegos que van participar no programa D´tec, unha iniciativa da Xunta de Galicia, a través da GAIN (Axencia Galega de Innovación) e do CIS Tecnoloxía e Deseño, para fomentar a vocación científico-tecnolóxica.

A través do proxecto “Explorando os mundos virtuais”, tal como recolle o programa, achegaranse a través do uso da tecnoloxía e a programación ao desenvolvemento e creación de contidos, de xeito práctico, utilizando recursos innovadores que lles permitirán iniciarse no mundo da Realidade Aumentada (AR) e da Realidade Virtual (VR), descubrindo o seu potencial como futuro ámbito laboral.

 



page | by Dr. Radut