Skip to Content

Club de Ciencias e Tecnoloxía no IES Perdouro

Este curso nace no IES Perdouro unha iniciativa para permitir ao alumnado desenvolver a súa vocación científica e tecnolóxica.

Un grupo de alumnos e alumnas voluntarios/as, coordinados pola súa profesora de Tecnoloxía, formarán un pequeno Club de Ciencias e Tecnoloxía que se reunirá cada semana para levar a cabo distintos proxectos, en función das inquedanzas de cadaquén.

Para iniciarse, neste curso, formarán parte dun proxecto que fomenta o valor social da tecnoloxía, en colaboración coa organización Ayúdame3D*, creando trésdesis, é dicir, brazos impresos en 3D con mobilidade prénsil grazas á articulación que teña cada persoa (pulso, cóbado ou ombreiro) e que, posteriormente, cederán de maneira gratuíta a persoas con discapacidade, coa finalidade de mellorar a súa calidade de vida.

Isto, á súa vez, permite que o alumnado adquira un compromiso cos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible), nas súas modalidades (3) Saúde e benestar, (4) Educación de calidade, (10) Redución das desigualdades e (17) Alianzas para lograr os obxectivos.

*Ayúdame 3D: El MundoEl PaísForbesAntena3 Noticias



page | by Dr. Radut