Skip to Content

Conferencia "Mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series para adolescentes"

O pasado xoves 13 de febreiro, o alumnado de 1º de BAC acudimos a unha conferencia que tiña como título: “MITOS ROMÁNTICOS, VIOLENCIAS DE GÉNERO Y ESTERIOTIPOS EN LAS SERIES PARA ADOLESCENTES”.
A conferencia foi impartida por María José Masanet, unha profesora da Universidade de Barcelona. Ela ten o doutorado de audiovisuais e telecomunicacións e adícase a analizar diversas cuestións entre elas das que nos falou. A idea principal desta conferencia foi como analizar os mitos románticos, a violencia de xénero e os estereotipos de personaxes de series para adolescentes, actuais ou pasadas. A dinámica da conferencia foi a seguinte: a través de pequenos fragmentos destas series e foros de comentarios das mesmas, fomos comentando o contido do amor romántico, irracional… O ideal de amor mostrado nas obras para adolescentes provocou o surdimento de creenzas falsas sobre o que é, e o que non, unha relación afectiva saudable. A ponente advirtíu ter moito ollo, ser críticos, e ensinou a detectar o mito do amor romántico, as relacións amorosas prexudiciais e tóxicas.
A través das historias de personaxes televisivos como as de Ruth e Gorka (Física ou Química), Sandra e Culebra (Los protegidos), etc… aprendimos como analizar o comportamento das persoas nas relacións, as críticas ou como ve o expectador aos personaxes ou os diversos estereotipos, que a día de hoxe están moi marcados por unhas regras idealistas e en diversas ocasións non se semellan á realidade.

Acceda á reportaxe fotográfica aquí. 

Alejandra Alonso Fernández , 1º Bach 


page | by Dr. Radut