Mulleres negras na ciencia

O día 27 de setembro de 2019 visitounosZinthia Álvarez Palomino. Os alumnos/as de 1º e 2º de ESO acudimos á biblioteca para que nos falara do seu libro titulado Mujeres negras en la ciencia dentro dunha iniciativa chamada Mujeres negras que cambiaron el mundo, un proxecto para dar visibilidade a mulleres negras e afrodescendentes.


 

No libro aparecen 12 microbiografías de mulleres afrodescendentes que fixeron historia na ciencia xa que as súas aportacións cambiaron o mundo.
Estas mulleres revolucionaron a Historia grazas á súa determinación, esforzo e valentía pero aínda hoxe non son coñecidas por unha inmensa maioría da poboación.
Algunhas destas mulleres eran astronautas, químicas, enxeñeiras ou inventoras.
Só cinco delas seguen vivas na actualidade. 

Accede ao albúm de fotos aquí.
Unai García – 1º ESO B