Skip to Content

Admisión e matrícula en FP Básica

A continuación ofrecemos a información necesaria para acceder e/ou matricularse nun ciclo de Formación Profesional Básica, segundo este calendario de admisión e matrícula.

Táboa de contidos do artigo:

1 Alumnado que accede por 1ª vez
2 Alumnado que debe repetir 1º curso
3 Alumnado que se matricula en 2º curso (promocionado ou repetidor)
4 Máis información 

 

1 Alumnado que accede por primeira vez ao ciclo de FP Básica

1.1 Presentación de solicitudes de admisión e matrícula

Prazo: do 1 ao 11 de setembro, ata ás 13 horas

Documentación a presentar:

Solicitude de admisión e matrícula (Anexo I). Presentar unha única solicitude no centro educativo no que se pretenda ser admitido, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais)

Documento de identidade (DNI ou NIE)

Comunicación de incorporación á FP Básica (anexo IV), no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos

Certificado de discapacidade, no caso de que proceda.

1.2 Listaxe provisional de alumnado admitido

Data de publicación: 14 de setembro

Prazo de reclamación á listaxe provisional: 15 e 16 de setembro

Modelo para presentar a reclamación (dispoñible en breve)

Publicación da listaxe definitiva: 17 de setembro.

1.3 Matriculación

Prazo: do 14 ao 21 de setembro

Documentación a presentar:

  • Comprobante de pago do Seguro Escolar
    (1,12€, Abanca, conta número: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
  • Tres fotografías de carné

Docum. complementaria para alumnos que proceden doutro centro:

  • Libro de familia
  • Tarxeta Sanitaria do alumno/a

 

2 Alumando que debe repetir 1º curso

2.1 Reserva de praza / matriculación

Prazo: do 1 ao 11 de setembro, ata as 13 horas

Documentación a presentar (amosando o documento de identidade)*:

  • Solicitude de admisión e matrícula (Anexo I). Asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais)
  • Comprobante de pago do Seguro Escolar
    (1,12€, Abanca, conta número: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
  • Dúas fotografías de carné

2.2 Listaxe provisional de alumnado admitido

Data de publicación: 14 de setembro

Prazo de reclamación á listaxe provisional: 15 e 16 de setembro

Modelo para presentar a reclamación (dispoñible en breve)

Publicación da listaxe definitiva: 17 de setembro.


 

3 Alumnado que se matricula no 2º curso (promocionan de 1º ou repiten 2º)

3.1 Matriculación

Prazo: do 29 de xuño ao 10 de xullo (preferente) ou do 1 ao 11 de setembro

Documentación a presentar (amosando o documento de identidade)*:

  • Solicitude de admisión e matrícula (Anexo I). Asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais)
  • Comprobante de pago do Seguro Escolar
    (1,12€, Abanca, conta número: IBAN ES13 2080 0183 2430 4000 0260)
  • Dúas fotografías de carné

(*) Docum. complementaria para alumnos que proceden doutro centro:

  • Documento de identidade (DNI ou NIE)
  • Libro de familia
  • Tarxeta Sanitaria do alumno/a
  • Certificación académica

 

4 Máis información:

Información sobre FP Básica no portal de FP da Consellería

O Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe no IES Perdouro

Calendario resumido do proceso de admisión e matrícula

Normativa sobre FP Básica:

20140915dog_Decreto 107-2014 FP Básica Galicia

DECRETO 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

20150722dog_Orde 13-07-15_Regula FP Básica Galicia, avaliación, acceso, admisión

ORDE do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.



page | by Dr. Radut