Skip to Content

Fondo Libros: listaxe provisional de admitidos 2019/2020

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de libros de texto:

Reclamacións contra as listaxes provisionais: venres 12 e luns 15 de xullo.

Publicación das listaxes definitivas: 13 de setembro.

A entrega de libros de texto ao alumnado: 17 e 18 de setembro, de 16h a 19h (*)

O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2019/20, poderá presentar solicitude de participación no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.

Banco interno de libros de texto do IES Perdouro

Ademais do Fondo Solidario de Libros de Texto xestionado pola Consellería de Educación, o IES Perdouro organiza un banco de libros interno (particular do centro) destinado ao alumnado de 1º e 2º de ESO (alumnado E-dixgal que non ten dereito ao Fondo Solidario por utilizar libros dixitais gratuítos) e ao alumnado de Bacharelato. Presten atención ás seguintes indicacións:

Alumnado de 1º e 2º ESO (E-dixgal) no curso 2019/2020

Farase un reparto equitativo por alumno dos libros do banco interno. O número de libros entregados dependerá da solidariedade das familias de 1º e 2º de ESO do curso anterior.

Entrega dos libros de texto no centro: Martes 17 e Mércores 18 de setembro:  16h-19h (*)

Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no curso 2019/2020

Para beneficiarse dalgún libro de Bach. para o curso 19-20, as familias terán que presentar o cupón de solicitude en conserxería.

Entrega dos libros de texto no centro: Martes 17 e Mércores 18 de setembro:  16h-19h (*)

Máis información:

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019

(*) Lembrarlles que en setembro entregaranse os libros EXCLUSIVAMENTE ao pai/nai/titor legal do alumnado ou no seu defecto a un adulto autorizado.



page | by Dr. Radut