Skip to Content

Acto presentación Maruxía nº 25

Para clausurar o curso, tivo lugar o luns 17 de xuño no auditorio da Casa da Cultura de Burela a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar "Maruxía" da Asociación Cultural "Os Matos".  Asistiron ao acto Alfredo Llano, alcalde de Burela; Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. "Os Matos" e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. 
 
Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que "a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxectivo iniciado hai vinte e cinco anos, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro."
 

Laura Ares e Alejandra Alonso, alumnas de 4º de ESO, foron as encargadas de introducir o labor dos seus compañeiros de 4º ESO TIC nesta nova edición. Explicaron como tiveron que traballar en equipo para poder cumplir os prazos. Maquetaron en Canva as crónicas do alumnado e seleccionaron as fotografías ilustrativas de cada artigo. Contaron coa axuda imprescindible de José Fernández, Asesor TIC, para dar os últimos retoques no Scribus. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. 

 
O toque musical puxérono un grupo de gaitas composto polos compañeiros Kai e Alex, e o profesor Xian e con Marcelo ao tambor.
 
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
 
Revista Maruxía en PDF aquí.
 


page | by Dr. Radut