Skip to Content

Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero

Esta mañá tivo lugar o Acto conmemorativo do día contra a violencia de xénero sumándonos á compaña de sensibilización En Negro Contra as Violencias.
 
O acto foi conducido por Carla Fra, alumna de 1º de Bach. Lembrou que o vindeiro 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, unha data para denunciar a violencia que se exerce sobre as mullleres en todo o mundo e para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. En nome dos seus compañeiros manifestou a súa repulsa contra calquera acto de violencia machista, que a día de hoxe, en pleno século XXI, aínda se produce na nosa sociedade.
Miguel Fernández foi o encargado de ler o seu Manifesto. Despois da lectura doutro texto feita por Raisa e Cristián de 1º de Bach, o alumnado de 3º de ESO cantou un rap "Non significa NON". Despois desta pausa musical, Álvaro Fernández e Alejandro Fernández de 2º de ESO, Manuel Paz e Iván Pernas de 1º de Bach. leron cada un os seus relatos que nos axudaron a reflexionar un pouco máis sobre este tema.
Para clausurar o acto o alumnado de 3º de ESO cantaron e bailaron a canción de Rozalén, La puerta violeta, todo un himno contra as agresións machistas. 
E finalmente pechouse o acto posando para unha foto con toda a comunidade educativa do centro e dicindo ben alto o Perdouro Respecta.
Contamos cunha pancarta co noso lema Perdouro Respecta feita en Plástica polo alumnado de 3º de ESO. Agradecemos a Laura Pernas a súa participación ao piano así como o dpto de Electrónica por encargarse da megafonía.  
 


page | by Dr. Radut