Skip to Content

Realidade Virtual na aula

Os alumnos e alumnas do IES Perdouro puidemos participar nunha serie de retos matemáticos, científicos, tecnolóxicos e de enxeñaría grazas á plataforma de realidade virtual que nos proporcionou a Fundación 3M. e que ten como finalidade acercar o coñecemento dunha forma divertida. 
 
A aplicación Fundación 3M España - STEM+VR funciona con PlayStation. Trátase dun proxecto de divulgación científica, que utiliza a realidade virtual co obxectivo de despertar a vocación dos alumnos da ESO pola ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas, máis coñecidas como materias STEM. A través de 4 experiencias baseadas en 4 disciplinas, que teñen unha duración de 20 minutos cada una e cun diferentes epocas e escenarios, os rapaces e rapazas colaboran entre eles para completar unha serie de xogos. 

Formamos equipos de tres alumnos/as. Un deles tiña as gafas de realidade aumentada para introducirse no mundo virtual e os demais un gamepad. A persoa que lle tocaba ter as gafas de RV era a que dirixía o grupo nese momento. E, as outras dúas persoas, tiñan que seguir as súas indicacións para ir superando os distintos retos.
 
A Fundación 3M creou esta plataforma co fin de fomentar a vocación STEM entre o alumnado de 1º e 2º de ESO. Esperamos poder participar de novo o próximo curso, e que nos deixen o equipamento no centro durante máis tempo!

Accede ás fotografías aquí.


page | by Dr. Radut