Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar 2018: sorteo para a designación da Xunta Electoral

Sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral: martes día 6 de novembro, ás 11:15 horas, na antesala do despacho de Dirección.

De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08/10), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, integrada por:

    - O director ou directora do centro.
    - Un profesor ou profesora.
    - Un pai ou nai ou titor legal.
    - Un alumno ou alumna.
    - Un representante do persoal de administración e servizos
       
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo martes día 6 de novembro, ás 11:15 horas, na antesala do despacho de Dirección.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.



page | by Dr. Radut