Skip to Content

Fondo Libros: Publicada a listaxe provisional de admitidos

Publicadas as listaxes provisionais do FONDO SOLIDARIO de libros de texto.

As persoas interesadas poderán reclamar ás listaxes provisionais o venres 13 e o luns 16 de xullo.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas para o fondo solidario de libros de texto será publicada o 14 de setembro. O prazo de reclamación á listaxe provisional será nos dous días seguintes á publicación.

A entrega de libros de texto do fondo solidario ao alumnado será:

Martes 18 e Mércores 19 de setembro de 16h-19h *

O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2017/18, poderá presentar solicitude de participación no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

Aviso para as familias dos alumnos de 1º e 2º ESO (Edixgal)

Farase un reparto equitativo por alumno. O número de libros entregados dependerá da xenerosidade das familias de 1º e 2º de ESO.

Aviso para as familias dos alumnos de 1º Bach.

Para beneficiarse dalgún libro de Bach. para o curso 18-19, as familias terán que presentar o cupón de solicitude en conserxería.

Entrega dos libros de texto no centro: Martes 18 e Mércores 19 de setembro:  16h-19h *

*Así mesmo, lembrarlles que en setembro se entregarán EXCLUSIVAMENTE os libros aos pai/nai/titor legal do alumnado ou no seu defecto a un adulto autorizado.

Máis información:

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2018/2019

 



page | by Dr. Radut