Skip to Content

Matrícula ESO e Bacharelato para o curso 2019-2020

Publicados os calendarios e os formularios de matrícula para ESO e BACHARELATO

 

Matrícula ESO:

Alumnado que debe matricularse no período ordinario (do 25 de xuño ao 10 de xullo):

  • Alumnado de Primaria que accede a 1º curso de ESO
  • Alumnado que accede a 2º, 3º ou 4º de ESO despois de superar todas as materias en xuño

A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en ESO

Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.

Formularios de matrícula:   1ºESO,   2ºESO,   2ºESO-PMAR,   3ºESO,   3ºESO-PMAR,   4ºESO

Seguro escolar e NUSS. Ao acceder por primeira vez ao 3º curso de ESO, o alumnado deberá comezar a pagar o Seguro Escolar (1,12 euros por cada ano académico). Na actualidade xa non é necesario que o alumnado dispoña de NUSS (Número da Seguridade Social) para ser beneficiario do seguro escolar. Se o desexa, acceda a máis información sobre o seguro escolar.

 

Matrícula BACHARELATO:

Debe matricularse no período ordinario (do 25 de xuño ao 10 de xullo) o alumnado que accede a 1º ou 2º curso de Bacharelato despois de superar todas as materias en xuño.

A matrícula levarase a cabo de acordo co seguinte calendario e instrucións para a matrícula en Bacharelato

Horario de secretaría: de 9:30 a 13:30 horas.

Formularios de matrícula1ºBAC,   2ºBAC

 

Normativa:

Normativa básica da ESO e o Bacharelato en Galicia

Continuidade entre materias do Bacharelato

Guía da LOMCE: normativa básica e currículos das materias

 



page | by Dr. Radut