Skip to Content

Fondo Solidario de Libros de Texto 2018-2019

Aviso para as familias dos actuais alumnos de 2º ESO, 2º PMAR, 3º ESO e 3º PMAR:

Todas deben presentar solicitude ao Fondo Solidario de Libros de Texto 18-19

Prazo ata o día 22 de xuño de 2018 - única convocatoria

Entrega dos libros de texto para o curso 2018-2019 segundo solicitude presentada a través do Fondo Libro exclusivamente

O centro publicará unha única listaxe provisional e unha única listaxe definitiva (Fondo Libro ESO), e respectará as datas :

  1. Para publicar as listaxes provisionais: o 12 de xullo de 2018.
  2. Para presentar reclamacións: ata o 14 de xullo de 2018.
  3. Para publicar as listaxes definitivas: o 14 de setembro de 2018.
  4. Entrega dos libros de texto no centro: Martes 18 e Mércores 19 de setembro:  16h-19h *

Aviso para as familias dos actuais alumnos de 6º e 1º ESO

Farase un reparto equitativo por alumno. O número de libros entregados dependerá da solidariedade das familias de 1º e 2º de ESO.
Farase entrega os días: Martes 18 e Mércores 19 de setembro:  16h-19h *

Aviso para as familias dos actuais alumnos de 4º ESO, 1º Bach.

Para beneficiarse dalgún libro de Bach. para o curso 18-19, as familias terán que presentar o cupón de solicitude en conserxería.

Entrega dos libros de texto no centro: Martes 18 e Mércores 19 de setembro:  16h-19h *

*Así mesmo, lembrarlles que en setembro se entregarán EXCLUSIVAMENTE os libros aos pai/nai/titor legal do alumnado ou no seu defecto a un adulto autorizado.



page | by Dr. Radut