Skip to Content

Proceso de admisión ESO e BAC. Curso 2017-2018

PROCESO DE ADMISIÓN 2017/2018
Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato

Normativa reguladora do proceso de admisión:

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 


Prazo de presentación da solicitude de reserva de praza:
O prazo de presentación das solicitudes de reserva será do 1 ao 15 de febreiro de 2017. (ANEXO I da Orde do 25 de xaneiro de 2017) 

Prazo de presentación das solicitudes de admisión:
O prazo de presentación das solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo de 2017. (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017) 

Centro adscrito ao IES Perdouro:
CEIP Virxe do Carme


Nota informativa:

1. Cada alumna ou alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. O infrinxir esta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.


- Resolución do sorteo das letras de desempate.
- Postos escolares vacantes de ESO e BAC para o procedemento de admisión do curso 2017/2018.
 

LEXISLACIÓN:

Decreto polo que se regula a admisión de alumnado en segundo ciclo de educación infantil, primaria, ESO e BAC.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Máis información

Admisión Alumnado



page | by Dr. Radut