Skip to Content

Febreiro 2020

Festival de Entroido 2020

Neste I Festival de Entroido do IES Perdouro conducido por Cristian, houbo moi boas participacións.

Samuel estaba aos mandos da música, Alejandra e Lucía inmortalizaron o acto facendo fotos e vídeos. Os xuices tomaron moi en serio o seu traballo: grazas a Susi, Sandra e Noé!!

Os premios foron donados polas tendas de Burela. Os Trofeos foron maquetados e impresos coa impresora 3D no taller de tecnoloxía así como uns chaveiros. Os diplomas estaban listos. O patio estaba engalanado de globos e guirnaldas. Entón xa podía comezar o desfile e a festaaaaaa!!! O noso grupo de gaitas abriu o acto acompañado por pandeiretas e tambor.

Accede aquí á reportaxe fotográfica. Parabéns a todos/as os participantes así como o público!! Que viva o entroido!!!
 
Para acceder á entrega de premios pica aquí.

Entroido tradicional en Galicia

O alumnado de 4º ESO TIC fixo un traballo de investigación sobre o entroido tradicional en Galicia e realizou 22 carteis que se expoñen na entrada do centro.
 
Para acceder aos carteis pica aquí.

 

Obradoiro de Ciberseguranza na Fundación ABanca

VISITA A LUGO: XINCANA HISTÓRICO-LITERARIA E CHARLA SOBRE PROTECCIÓN DA IDENTIDADE EN INTERNET 
 
O venres 14 de febreiro, o alumnado de 1º ESO fomos a Lugo acompañados por Charo, Santiago, Mª José e Alicia. Saímos ás 10:15h.
... Unha vez en Lugo, fixemos unha xincana. A actividade consistía en facer grupos de 3 ou 4 persoas da mesma clase para buscar as respostas a unhas preguntas polo centro da cidade. Unha das fichas trataba sobre escritores galegos ... seguir lendo a crónica de Fábio de Barros Gomes e Carla Lavinia Martins Sanyang – 1º ESO B no blogue de Perdourando.

Conferencia "Mitos románticos, violencia de xénero e estereotipos nas series para adolescentes"

O pasado xoves 13 de febreiro, o alumnado de 1º de BAC acudimos a unha conferencia que tiña como título: “MITOS ROMÁNTICOS, VIOLENCIAS DE GÉNERO Y ESTERIOTIPOS EN LAS SERIES PARA ADOLESCENTES”.
A conferencia foi impartida por María José Masanet, unha profesora da Universidade de Barcelona. Ela ten o doutorado de audiovisuais e telecomunicacións e adícase a analizar diversas cuestións entre elas das que nos falou. A idea principal desta conferencia foi como analizar os mitos románticos, a violencia de xénero e os estereotipos de personaxes de series para adolescentes, actuais ou pasadas. A dinámica da conferencia foi a seguinte: a través de pequenos fragmentos destas series e foros de comentarios das mesmas, fomos comentando o contido do amor romántico, irracional… O ideal de amor mostrado nas obras para adolescentes provocou o surdimento de creenzas falsas sobre o que é, e o que non, unha relación afectiva saudable. A ponente advirtíu ter moito ollo, ser críticos, e ensinou a detectar o mito do amor romántico, as relacións amorosas prexudiciais e tóxicas.

Olimpiada Xeolóxica en Viveiro

Alba Geada mellor clasificada para a olimpíada estatal que se celebrará en Cuenca o próximo 28 de marzo. 
 
Hoxe desenvolveuse en Viveiro a fase territorial da Olimpíada xeolóxica da sede de Lugo onde participaron un total de 60 alumnxs de 4° ESO e 2° de bach que fixeron probas prácticas e teóricas.
Alba Geada Bernal, alumna de 4°ESO, clasificouse xunto a Claudia Casal do IES Vilar Ponte de Viveiro para formar parte do equipo galego na XI Olimpíada Estatal de Xeoloxía que se celebrará o 28 de marzo en Cuenca.

Moitos parabéns para a nosa campiona de xeoloxía!! Alba Geada Bernal!!

Accede á reportaxe fotográfica aquí.

Nota de prensa na Voz de Galicia

Viaxe á Coruña

O alumnado de 2º da ESO emprendemos viaxe á Coruña o pasado 9 de xaneiro. A nosa primeira parada foi no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, onde as actividades se dividiron en dúas partes: visita guiada por algunhas das salas do museo e un taller de meteoroloxía.
Na visita guiada vimos, en primeiro lugar, as partes dun avión. Ensináronnos un motor do aeronave, unha pequena parte dunha á e vimos tamén como sería a clase business deste avión. A cada momento fomos descubrindo os distintos tipos de materiais e sorprendentes datos sobre os avións. Despois dos coñecementos de aeronáutica, pasamos á “sala do século XX”. Nesta sala vimos diferentes obxectos das distintas décadas deste século.
Na parte do taller de meteoroloxía, tivemos unha pequena charla duns dez minutos aproximadamente. Primeiro, aprendemos o que eran os anticiclóns, ciclóns ou borrascas e as diferenzas entre eles. Tamén tivemos a oportunidade de facer un pequeno experimento. Para comezar .... seguir lendo a crónica de Paula López Martínez 2º ESO B no blogue de Perdourando.

A HISTORIA DO POP por Javier Becerra

O pasado día  21 de xaneiro, Javier Becerra estivo na biblioteca do IES Perdouro para falar do seu libro e da súa selección de música pop.

Antes de que surxira a música pop, ó redor do anos 50, había un estilo de música diferente, e cantantes destacados como Frank Sinatra ou estilos como o jazz. Mais a xuventude quería un cambio no estilo de música, aínda que a xente maior tivera medo ós cambios.

Entón, nos anos 50 é cando aparece o rock and roll. Unha das figuras máis destacables foi Elvis Presley, o rei do rock and roll. O seu movemento de pernas era moi provocativo. Frank Sinatra dicía que a súa popularidade duraría 3 meses.

En Inglaterra aparecen Os Beatles. ... seguir lendo a crónica de Iago Mon de 2º ESO B no blogue de Perdourando

Semana dos Afectos Igualitarios



No ámbito da celebración da Semana dos Afectos Igualitarios, a Biblioteca e o EDLG desafían toda a comunidade educativa a elaborar uns versos cunha mensaxe sobre os afectos para o muro dos aloumiños.
Con esta atividade a Biblioteca e o EDLG pretenden fomentar a creatividade e imaginación dxs alumnxs.
Os versos máis orixinais terán premio. Valorarase a escritura creativa en galego así como a creatividade plástica da tarxeta. ........................................................................................................
Os emisarios de Cupido estarán repartindo cartas o venres 14.
............................................................................................................
Adícalle á persoa que aprecias uns dos teus mellores versos. Deixa a túa carta na caixa instalada no hall de entrada. Non esquezas indicar o nome destinatario/a e curso.
Poderanse dirixir a calquera membro da comunidade educativa, sempre e cando estean escritas dende o respecto.
...............................................................................................................
Tedes ata o día 13 para mandar versos afectuosos a quen queirades.

Día da Muller e a Nena na Ciencia


Hoxe é o Día Mundial da Muller e da Nena na Ciencia.
 
Unha selección de libros está exposta na biblioteca para visibilizar os logros femininos no eido científico e tecnolóxico.

Día da Muller e a Nena na Ciencia - Mulleres afroamericanas na ciencia

Desde a titoría de 3º de PMAR, e inspirándonos na película "Figuras ocultas", quixemos dedicar o día da muller e da nena na ciencia a Mary Jackson, Katherine Johnson e Dorothy Vaughan, tres científicas afroamericanas que na súa época sufriron a discriminación racial e de xénero, pero sen as cales a carreira espacial norteamericana non sería posible. Con este pequeno traballo esperamos facer visibles os seus grandes logros e contribuír a outorgarlles o prestixio que se merecen.
Ver a tres biografías realizadas aquí.


by Dr. Radut