Skip to Content

Decembro 2019

Felices Festas!!

 

Batalla dos MCs - Freestyle Rap

Esta mañá tivo lugar uns duelos moi peculiares.
Para finalizar o trimestre, a aula de música acolleu unha exhibición de rap libre.  (Freestyle rap)
O campionato internacional da Batalla de los Gallos de Red Bull celebrouse o pasado 30 de novembro en Madrid e deunos pé a convocar o noso propio certame entre o alumnado.
Os participantes tiveron que demostrar a súa capacidade de improvisación verbal empregando as rimas e meténdose algo co contrincante da batalla, pero sen faltarlle ao respecto. 
Os compoñentes do xurado foron Dolores, profesora de música; Miruca, profesora de lingua galega, e Benxa, profesor de Educación física. 

En cada rolda íase eliminando un dos candidatos ata a rolda final. Hugo Soto fixo de speaker ou mestre de cerimonias e mantivo animado o público. Os finalistas foron Nicholas López e Christian Sleyther, ambos alumnos de FPB.
Felicitamos a Nicholas, gañador desta primeira batalla.

Se queres saber máis sobre o tema, podes ler estes artigos: https://elpais.com/noticias/batalla-gallos/

Obradoiro de danza contemporánea - Programa IGUAL SON

O 29 de outubro Xiana Vilas Castro, bailarina profesional e profesora de danza, tivo un encontro cos alumnos de Música de 4º ESO para realizar un obradoiro de dúas horas en torno á danza e á igualdade.
A pesares de que a danza é un mundo maioritariamente feminino, antiguamente a dirección e a coreografía eran principalmente masculinas, o que facía que as coreografías creadas por mulleres non fosen visibles.
No século XX a danza contemporánea nace coma unha danza revolucionaria, da man de mulleres pioneiras e avanzadas ao seu tempo: ... seguir lendo a crónica de Marta Rodríguez, 4º ESOno blogue de Perdourando.

Escola Náutica de Ferrol

O pasado día 5 de decembro recibimos a visita de Sergio López, presidente da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, e de Enrique Cobelo, docente da Escola Náutica de Ferrol.
 
O acto, dirixido ao alumnado de 4º de ESO, comezou coa intervención de Sergio López, que nos resaltou a importancia do porto de Burela na frota pesqueira nacional xa que conta con 30 barcos de altura, antes de pasar a presentarnos a Enrique Cobelo, director da Escola Náutica de Ferrol e asiduo visitante do porto de Burela co alumnado do centro educativo.
O profesor convidado fíxonos unha breve presentación do centro ... seguir lendo a crónica de Noé Fernández Quelle – 4º ESO B no blogue de Perdourando.

Obradoiro de regueifa con Lupe Blanco

O venres 29 de novembro a regueifeira Lupe Blanco veu explicarnos como se facían as regueifas. Viña acompañada doutro regueifeiro chamado Óscar. Primeiro, crearon unha regueifa improvisada para presentarse. Cantaron cun bonito ritmo. Lupe Blanco explicounos que a regueifa podía ser unha danza ou un bolo que se repartía nas vodas. As xente xuntábase en grupos e cando un tiña pensada xa unha rima dicía: “Bomba!” e comezaba a meterse cos dos outros grupos. O outro grupo contestaba dicindo: “Bomba!”, cando tiña a reposta pensada.
Tamén nos contou que ela viña de Bergantiños. Seu bisavó tamén facía regueifas. Aínda que morreu hai máis de 30 anos. En Bergantiños tamén existe unha composicion chamada brindo, aínda que só hai un brindeiro que ten 93 anos. O número de regueifeiros é maior xa que quedan 11 ou 12.
Co paso do tempo, en vez dar un bolo daban bonecas. Algunhas delas tiñan cartos dentro. Despois, explicounos que as regueifas son coplas de catro versos nas que riman os versos pares. Normalmente as palabras máis importantes van na posición de rima.
A continuación, puxémonos en grupos e fixemos as nosas propias regueifas.
Pareceunos unha actividade moi divertida.

Accede á reportaxe fotográfica aquí.
 
Carlos Martins Sanyang, Iago Losada Fernández e Denilson Tavares Barbosa - 1º ESO B

I Congreso Infantil "Conservemos o noso mar".

Participamos no I Congreso Infantil "Conservemos o noso mar" celebrado en Burela o pasado 12 de decembro e promovido pola Fundación EXPOMAR.  
Un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO expuxo as medidas convintes para protexer e conservar o noso mar. 
Ademais entregáronse diplomas aos participantes do concurso de fotografías.

Accede á reportaxe de fotografías aquí. 

Notas de prensa:
El Progreso 

Crónica 3

Árbores de Nadal

Como é habitual no Perdouro, temos reservada a entrada para a nosa grande árbore de Nadal, mostra do traballo en equipo ben feito.
Este ano o departamento de Tecnoloxía ideou unha árbore de Nadal en espiral aproveitando listóns de madeira que tiñan no taller. O alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía calculou a cantidade de listóns e o ángulo de colocación para montar unha árbore de casi 2 metros de alto. Pintaron de dourado os listóns. Cristian fixo a estrela final en 3D en branco e dourado, que foron as cores escollidas para este ano.
O alumnado de 1º de ESO coa axuda da súa profesora de Relixión colaborou nos adornos que consistían en pequenos paquetes atados cun lazo branco. Nun papel dourado, recortaron a plantilla e logo tiveron que doblar e pegar os bordes ata compoñer a caixiña. Tiveron que poñer a proba a súa habilidade motriz fina. Había 3 tamaños de caixas para ir adornando a árbore de máis grandes na base ata máis pequenas na punta. Logo había que atar a caixiña e facer un fermoso lazo. O Departamanto de Mecanizado fixo o mastil para armar a árbore.
Ademais, o alumnado de 2º de FP Básica fixo dúas árbores empregando tuberías de cobre. Unha delas tamén adoptaba a forma de espiral e a outra tiña forma cuadrada. 
 
Accede a reportaxe fotográfica aquí.

Visita formativa do alumnado de Administración

O pasado 19 de novembro, os alumnos do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e Ciclo Superior de Administración e Finanzas, saímos pola mañá cara a Narón. Iamos visitar a sede central de Pull and Bear. 
 
Cando chegamos, explicáronnos que alí se distribuía toda a roupa de muller para todo o mundo! O mesmo proceso da de home, faise desde a central de Madrid, pero que eles tamén recibían as devolucións, fosen de home ou de muller. Unha das partes que máis nos gustou foi ver como se organizaban e transportaban ... seguir lendo a crónica do alumnado dos ciclos de Administración no blogue de Perdourando.

Ruta xeolóxica por Burela - 4º ESO

Os pasados 11 e 12 de novembro, os alumnos de 4° ESO realizamos unha ruta por Burela na que aprendemos moitas cousas sobre a natureza xeolóxica da nosa vila, pero cun tempo adverso.
Saímos do IES Perdouro ás 8:30h e chegamos á antiga praia do Castrelo, onde nos ensinaron unha táboa cronoestratigráfica para ensinarnos as distintas etapas de formación e evolución do noso planeta. Fran Canosa, o noso guía explicounos tamén como subducían as placas. Tamén nos demostrou que as rochas ... seguir lendo a crónica de Paula Enríquez Barcia - 4°ESO A no blogue de Perdourando.

Visita ao tecido industrial

O pasado xoves 7 de novembro os alumnos de 4º ESO saímos do IES Perdouro para dirixirnos a Palas de Rei para visitar as instalacións de Huevos Campomayor ,   e ata Ribeiras de Lea, no concello chairego de Castro de Rei, para visitar unha das factorías de Quescrem....


by Dr. Radut