Skip to Content

Xuño 2019

Viaxe por Portugal de 1º de Bach.

31 alumnos/as de 1º de Bach do IES Perdouro de Burela realizaron unha viaxe lingüística e cultural de cinco días por Portugal. 

O primeiro destino foi Porto. Alí tiveron unha visita guiada á casa da Música, un dos auditorios coa mellora acústica do mundo, obra de arquitetura que foi concebida para o evento Capital Europea da Cultura 2001, da autoría do arquitecto Rem Koolhaas e aclamada internacionalmente. Visitaron outros lugares de interese turístico como ..... seguir lendo no blogue de Perdourando.

Final Certame de Regueifas do IES Perdouro

O pasado martes 18 de xuño tivo lugar na biblioteca a final da primeira edición do Certame de Regueifas convocado polo EDLG e Vicedirección. Esta mañá Alejandra Fernández Alonso de 4º de ESO e Gabriela Pedre Lastra de 1º de ESO improvisaron sobre o uso do idioma. Logo dunha batalla de algo menos  de 10 min Gabriela resultou vencedora.
 
No recreo, fíxose entrega de diplomas aos participantes e o equipo directivo felicitounos. Miruca Parga aproveitou para agradecer a axuda de Cristian e Serxio, alumnos de 4º de ESO, que tiveron a iniciativa de convocar este certame eleavr a cabo os obradoiros. Tamén reinvidicou a importancia de facer revivir nos centros educativos a nosa tradición oral.


Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Video da final entre Alejandra e Gabriela.

Entrega de Premios Concursos OS MATOS

O pasado luns 17 de xuño,  entregáronse os premios do XIII Concurso literario e do XI Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Dígocho en verso”. Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", felicitou aos premiados desta décima terceira edición do certame. Alfredo Llano, alcalde de Burela, Santiago Pérez, Director, Miruca Parga, coordinadora do EDLG, entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.

Parabéns rapaces!!!!!!Accede o noso albún fotográfico aquí.

Laboratorio aberto na Domus

O martes 23 de abril fomos os alumnos e alumnas de 3º ESO A á Coruña para realizar na Domus unha actividade de laboratorio.
Ao chegar alí, dividíronnos en cinco grupos para comezar co noso taller de medicamentos. A guía da experiencia falounos sobre o Párkinson e púxonos un vídeo que trataba das causas desta enfermidade. Díxonos que o que íamos facer era un principio activo: a terceira etapa da investigación duns científicos de Barcelona na procura de fabricar un só medicamento que englobe todo o resto e que terán que tomar os pacientes de Párkinson.
O labor era facer unha reacción química e tiñamos que seguir tres pasos: 
- a reacción química en si 
- a filtración 
- unha cromatografía 
Para que o traballo valese a pena, tivemos que facelo en equipo. Nós xa tiñamos coñecementos dalgúns instrumentos e iso facilitounos o traballo. Mentres dúas persoas preparaban os instrumentos, outra medía unha cantidade exacta de pirimidona; outra, de ácido de acético e outra, de nitrito de sodio. Unha vez medidas as cantidades exactas había que introducir a pirimidona no matraz de fondo redondo para que se axitase. Grazas ao axitador, engadimos o ácido acético e, cando a mestura estivo toda axitada, o único que quedaba para poñer nela era o nitrito de sodio. Acabado isto, pasamos á segunda fase, a filtración. Nesta, utilizamos o outro matraz, unha bomba, un embude e un papel para filtrala toda. No meu grupo pensamos que non iamos facelo ben, pero foi todo un éxito cando fomos facer a cromatografía.

Accede a completa reportaxe fotográfica aquí. 
 
NADINE FONSECA 3º ESO-A

Actividades inclusivas na aula de tecnoloxía

Os alumnos e alumnas de 4°ESO tecnoloxía do IES Perdouro, tivemos un pedido aos nosos talleres moi peculiar: facer uns xoguetes totalmente artesanais e inclusivo. Todo estes xoguetes eran para David, un rapaz de 1°ESO que sofre autismo. O noso obxectivo era un: que os xoguetes lle gustaran e aprendera con eles.
Estes xoguetes ían facilitar a labor dos docentes na adquisición da competencia matemática de David. (ordenar os números, sumar, restar, ler a hora).
Para poder facer estes xoguetes, tivemos que imprimir uns deseños, e a partir destes, facelos en madeira. Cando xa os tiñamos debuxados, cortabamos a madeira e lixábamola, para que non quedara áspera. Despois disto, pintábamola e pegábamoslles imaxes ou debuxabamos o que precisara. Como moitos destes xoguetes eran para aprender a sumar, restas ou aprender as horas, tivemos que facer agullas, números, frutas…. e fixémolas coa impresora 3D! Cando todo isto estivo feito, puxemos os velcros e forrámolos, para unha mellor seguridade.
Estos días entregámosllos a David, para que poida darlles uso no último tramo do curso. Esperamos que lle gustaran e que con eles consiga aprender moito, xogando. 
Accede á reportaxe fotográfica aquí. 
Alejandra Alonso Fernández - 4°ESO A

Viaxe pola Mariña Occidental - 1º ESO

O pasado 22 de maio, alumnado de 1º da ESO do IES Perdouro fixemos un itinerario xeográfico-histórico pola Mariña Occidental. A nosa profesora Maribel, que ao mesmo tempo facía de guía, propúxonos aos alumnos/as que sacasemos fotos nos diversos lugares que visitamos para despois escoller a máis artística e mellor realizada. Tamén completamos unhas fichas para nota e para reforzar os coñecementos da Mariña Occidental.
Visitamos: 
  • O Barqueiro: onde se nos falou, entre outras cousas, das costumes do pobo e das diferentes pontes que atravesan o río Sor. O alumnado sacou foto.
  • O Vicedo: Visitamos a praia de Caolín e as desfeitas instalacións das conservas “El Cisne”; tamén aprendemos moitas curiosidades. A partir delas cubrimos unha ficha e descansamos un pouco.
  • Viveiro: centrámonos especialmente na porta de Carlos V. Fixemos máis fotos na ponte da Misericordia e noutros lugares emblemáticos, de novo unha ficha e voltamos para a casa. 

Accede á reportaxe fotográfica aquí. 

Gabriela Pedre Lastra - 1º ESO C

Acto presentación Maruxía nº 25

Para clausurar o curso, tivo lugar o luns 17 de xuño no auditorio da Casa da Cultura de Burela a Festa das palabras e das letras, o acto anual de presentación da revista escolar "Maruxía" da Asociación Cultural "Os Matos".  Asistiron ao acto Alfredo Llano, alcalde de Burela; Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Antón Niñe, Presidente da A.C. "Os Matos" e Miruca Parga, coordinadora do EDLG. 
 
Antón Niñe, presidente da AC "Os Matos", abriu o acto con sentimento de ledicia explicando aos asistentes que "a presentación dun novo exemplar da nosa revista é o momento moi esperado pola satisfacción que nos produce e porque sabemos que nos mantemos fieis no obxectivo iniciado hai vinte e cinco anos, ser un medio de expresión da comunidade educativa do IES Perdouro."
 

Laura Ares e Alejandra Alonso, alumnas de 4º de ESO, foron as encargadas de introducir o labor dos seus compañeiros de 4º ESO TIC nesta nova edición. Explicaron como tiveron que traballar en equipo para poder cumplir os prazos. Maquetaron en Canva as crónicas do alumnado e seleccionaron as fotografías ilustrativas de cada artigo. Contaron coa axuda imprescindible de José Fernández, Asesor TIC, para dar os últimos retoques no Scribus. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Na lectura das súas páxinas poderemos darnos conta do latexar da vida do instituto cunha variedade de artigos e entrevistas que nos informa do acontecer do curso que agora termina. 

 
O toque musical puxérono un grupo de gaitas composto polos compañeiros Kai e Alex, e o profesor Xian e con Marcelo ao tambor.
 
Accede á reportaxe fotográfica aquí.
 
Revista Maruxía en PDF aquí.
 

Premio Escola de Prensa El Progreso - Mellor entrevista

Hoxe foi Irene Basanta de 2° ESO A recoller o premio á mellor entrevista do concurso Escola de Prensa El Progreso.
Esta entrevista feita a Antía Yáñez forma parte da nosa revista Maruxía n°25.
Na entrega de premios desta III convocatoria da Escola de Prensa que tivo lugar na rotativa do Xornal El Progreso en Lugo, Blanca García Montenegro, presidenta do xornal, felicitou a todxs xs premiados e entre eles a Irene. Parabéns Irene!!!

Acto XXV Aniversario Maruxía

Obradoiro de réptiles

Coincidindo co día mundial do medio ambiente, o pasado día 5 de xuño, tivemos a visita do mallorquí José María Soriano, un profesional dos réptiles e anfibios que levaba  25 anos no seu traballo. O obxectivo central da súa conferencia foi concienciarnos sobre os riscos que supón para o medio ambiente abandoar este tipo de animais exóticos despois de adquirilos como mascotas.
Aprendimos sobre os hábitats, características, formas de reprodución, alimentación dos seus ... seguir kendo a crónica de Nerea Fernández de 1º ESO B no blogue de Perdourando.


by Dr. Radut