Skip to Content

Marzo 2019

Obradoiro de poesía con Carlos Negro

Obradoiro de poesía a cargo de Carlos Negro : Luns 1 de abril ás 10h15 na biblioteca.
 
 

Obradoiro de xogos de mesa

Ludificación: Obradoiro de xogos de mesa na biblioteca destinado ao alumnado de 1° ESO.
Martes, mércores e xoves de 10h10 a 11h coa colaboración de Xogando Nas Nubes.
 

Prácticas na aula: ondas luminosas.

Os alumnos de física de 2º de Bacharelato elaboramos unha serie de prácticas sobre os fenómenos das ondas luminosas.
Para demostrar que a luz se comporta como unha onda, comprobamos que sufre o fenómeno da difracción. A difracción consiste en que, cando unha onda se encontra cunha ranura ou obstáculo de tamaño menor á súa lonxitude de onda, ese punto convírtese nun novo foco emisor de onda. No caso da luz, a ranura debe ser moi pequena, de menos dun milímetro. 

 

Aldaolado

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu esta mañá no auditorio da Casa da Cultura á actuación de María Lado e Lucía Aldao, coñecidas profesionalmente como Aldaolado. Estas dúas poetisas deron un recital no que a poesía se mesturou coa aprendizaxe da lingua: desde a ortografía ou a colocación do pronome átono ata as variedades dialectais. As composicións recitadas estiveron acompañadas de música en directo e o acto rematou coa elaboración dun poema dadaísta composto por coñecidos versos de poesías galegas. Os rapaces participaron na creación do poema e o resultado foi sorprendente e, asemade, divertido. A actividade serviu para desmitificar a poesía como algo afastado e aburrido e converter o seu proceso creativo e o seu resultado en algo dinámico e ameno.

Accede ás fotografías aquí.

Física Re-Creativa

O pasado mércores 20 de febreiro recibimos no instituto a visita de Benito Vázquez Dorrío, profesor de física na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

Anteriormente amosara as súas experiencias aos alumnos de 4º da ESO e debido ao seu éxito, solicitouse que dera unha charla ao alumnado de bacharelato, cunha finalidade educativa e motivadora para os futuros universitarios e universitarias.

Poesía en acrósticos

Mural de poesía en acrósticos para celebrar a primavera. Un traballo do alumnado de 1º de ESO en lingua castelá. Aquí

Realidade Virtual na aula

Os alumnos e alumnas do IES Perdouro puidemos participar nunha serie de retos matemáticos, científicos, tecnolóxicos e de enxeñaría grazas á plataforma de realidade virtual que nos proporcionou a Fundación 3M. e que ten como finalidade acercar o coñecemento dunha forma divertida. 

Axenda cultural

AXENDA CULTURAL

 


Para esta fin de semana tedes todas estas opcións que nos recompilou o alumnado de 2° ESO PMAR! 

#HaiMoitoQueFacerPolaMarinha
#AxendaCulturalMarinha 

A ciencia como profesión

O alumnado de 2º BAC de TIC levou a cabo un traballo en relación co papel da muller na ciencia.
No noso centro realizaron a enquisa para este traballo un total de 168 homes e 192 mulleres, entre os alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC. Comparamos estes datos cos achegados pola enquisa do Campus Terra de Lugo, feita a científicos e científicas.

Viaxe a Coruña

O pasado 8 de xaneiro fomos á Coruña co Departamento de Tecnoloxía e co de Educación Física.
Tiñamos que estar no instituto ás 08:30h, como todos os días,  para coller o autobús cara á Coruña. Subimos e en dúas horas chegamos, máis ou menos.

Fomos ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) que é unha institución centrada na divulgación científica e tecnolóxica. Había todo tipo de aparellos e salas, dende un simple taller para facer mecanismos eléctricos ata unha cabina dun avión. Tamén había dous robots que falaban e facían bromas sobre nós e ata se movían sós. Estaban moi ben feitos.

... seguir lendo a crónica de Nicolás Sixto Guisasola no blogue de Perdourando.


by Dr. Radut