Skip to Content

Febreiro 2018

Recitando a Rosalía de Castro en francés

Os alumnos de 1º de Bach. de Francés grabaron o seguinte videopoema para lembrar o día de Rosalía. O Poema escollido por eles foi "Silence".

Celebramos o Día de Rosalía na biblioteca do IES Perdouro

Pequeno adianto da celebración do Día de Rosalía na biblioteca do IES Perdouro.
#AbrideAFiestra. Deuse lectura ao manifesto da AELG. Contouse coa actucación musical en directo de Moreninhas, de Flávio e do Trío da Banda Dambara e coa proxección de videopoemas feitos polo alumnado. 
 

Recitando a Rosalía de Castro en francés

Os alumnos de 1º de Bach. de Francés grabaron o seguinte videopoema para lembrar o día de Rosalía. O Poema escollido por eles foi "Silence".

Abride a fiestra. Día de Rosalía no IES Perdouro

Recollemos da web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) o seguinte comunicado: Conmemoración do Día de Rosalía de Castro. 
 
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo.
 
Cada ano a AELG encomenda a un autor/a o texto do manifesto que se propón ler en cada un dos actos que calquera entidade ou colectivo queira organizar para celebrar o Día de Rosalía de Castro. 
 
Este ano foi María Reimóndez a encargada da elaboración do seguinte manifesto.
 
Sumámonos as celebracións facendo un pequeno acto o venres 23 de 11:20 a 12:20 coa lectura do manifesto, a actuación musical en directo de alumnos e a proxección de videopoemas. 

Concerto didáctico en Santiago - As Lollipops a ritmo de swing

O pasado mércores, día 24 de xaneiro, o alumnado de 3º de ESO e 4º ESO de Música fomos de viaxe a Santiago e alí fixemos unha parada no Museo do Pobo Galego, anteriormente convento e igrexa (igrexa e convento Santo Domingo de Bonaval), para ver o Panteón de Galegos Ilustres e, mais tarde, fumos ao auditorio de Galicia para escoitar o concerto didáctico  de"As Lollipops”. Finalizadas as dúas actividades do día, pasamos algo de tempo libre no centro comercial “As Cancelas”. 
 
A primeira parada foi no Panteón, que é unha obra de estilo renacentista que comezou cando era unha simple capela da igrexa en desuso; para darlle utilidade e importancia, reconstruíuse xunto co covento e igrexa e foi inaugurado como un panteón para acoller os restos dalgúns dos máis importantes e ilustres galegos. Todo comezou en 1891 co traslado da famosa escritora Rosalía De Castro; seguida de Alfredo Brañas, escritor e filósofo; Ramón Cabanillas, poeta; Domingo Fontán, ilustrado, filósofo e tamén político e topógrafo; Francisco Asorey, escultor; e, o máis recente, Castelao, político e escritor, artista e médico. 

STEM - Que ten que ver a química con nós?

A terceira conferencia sobre STEM do programa "A ponte entre o ensino medio e a USC" centrouse sobre o Que ten que ver a química con nós? Fármacos, plásticos, biotecnoloxía, ecoloxía, nanotecnoloxía... e foi destinada ao alumnado de 3º ESO e 4º ESO de Tecnoloxía. Celebrouse na biblioteca o pasado venres 16 de febreiro.
 
Ricardo Riguera Vega, profesor de Química Orgánica da USC e do CIQUS, faloulles brevemente do papel da Química, como parte das ciencias da natureza, na nosa vida, con exemplos do que son os produtos naturais, os fármacos e os plásticos, a súa orixe e usos na vida corrente. Así mesmo, describiu o significado da biotecnoloxía, a ecoloxía, a química verde, a nanotecnoloxía, e a súa relación coa química e as outras ciencias, ilustrándolo con exemplos da publicidade, a necesidade entender "de ciencias " para saber o que comprar.

A Mariña ten Historia (II): Ruta pola Mariña Oriental e Central

Os alumnos de 4º da ESO A fomos desde Burela ata os arredores de Ribadeo para facer fotografías co obxectivo de coñecer a Historia da Mariña e, posteriormente, elaborar con elas o calendario do centro para o 2018.
 
Comezamos o percorrido na igrexa de Cangas. Alí explicáronnos que é unha igrexa do s. XVII. Diante dela, atópase unha vella moreira, que é unha das poucas árbores da Mariña que está inscrita no Catálogo galego de árbores senlleiras. Esta igrexa e o seu cemiterio están construídos sobre un castro.

Que viva o Entroido!

Que viva o Entroido!!!! Se queres saber as distintas tradicións de Entroido de Galicia, os diferentes tipos de gastronomía así como as festas e desfiles que se celebrarán pola Mariña, achégate ao hall de entrada e verás uns murais moi ilustrativos que o alumnado de 1º ESO estivo facendo coa súa profesora, Miruca Parga, para informarnos de xeito ameno.
Ver a exposición neste albúm de fotos.

Exposición fotográfica "A Mariña ten historia"

No hall do pabellón central, ubícase a exposición fotográfica chamada "A Mariña ten historia", resultante do traballo de campo do alumnado de 4º ESO para elaborar o calendario anual do EDLG. 
Como o 2018 é Ano Europeo do Patrimonio Cultural, o Equipo de Dinamización quixo por en valor a riqueza patrimonial da Mariña e así aumentar a concienciación dos alumnos en torno á historia local. Para o calendario escolléronse só 13 fotografías.  A través desta mostrar podemos ver moitas outras fotografías dos lugares visitados a raíz de dúas saídas educativas pola Mariña Oriental e pola Mariña Occidental así como ler unha pequena descrición do lugar.
 
Aínda se aprende/descobre moitas cousas da nosa contorna!!
 

 

 
 

Amor, de corazón

Chegou o mes de febreiro e con el máis amor aínda.  Din que o 2 de febreiro, día da Candeloria, casan os paxaros. Tamén o 14 de febreiro é o día dos/as namorados/as. 

O alumnado de 1ºESO levou á práctica nocións e recursos básicos da linguaxe literaria aprendidos en clase de lingua castelá.
 
Xogaron coa rima, coas estrofas, coas licenzas métricas e, sobre todo, co léxico, creando metáforas, personificacións, símiles, pararelismos, anáforas e hipérbatos, entre outros recursos. Todo cunha única temática: o amor, visto dende a súa dimensión máis ampla: o amor platónico, o amor real, o amor a un amigo/-a, a unha nai ou a un pai, a aquela persoa sen a cal a vida sería máis difícil de levar...


by Dr. Radut