Skip to Content

Novembro 2017

“Maquetas celulares”, traballos de 3º de ESO

O alumnado de 3º ESO tivo que realizar unha maqueta dunhas células na clase de Virginia. O material utilizado para realizalas tiña que ser a base de material reciclado. Xa veredes os inxeniosos resultados.
Logo da súa explicación e descripción en clase, as cinco mellores maquetas celulares expuxéronse na vitrina da entrada do instituto.
Para conmemorar o mes da ciencia en galego, fíxose unha exposición bibliográfica de ciencias naturais.

Ver as cinco maquetas gañadoras aquí.

Formación de usuarios na biblioteca

Alumnos de 1º de ESO aprenderon a desenvolverse na nosa biblioteca grazas a formación de usuarios que lles deron as súas titoras ao longo do mes de outubro.  Aproveitamos tamén para facerlles entrega do seu carné da biblioteca e formar parte da comunidade de BiblioPerdouro. 
Tiveron que resolver pistas para atopar o libro, ler citas, etc... Sen suma, que se divertiron.
Accede aquí a máis fotos.
 

Mes da Ciencia en Galego - Obradoiro de robótica

O alumnado de 3º de ESO será o que se inicie á robótica da man da docente, Marga López Periago. Será o venres 17 de 11h30 a 13h10. nun obradoiro práctico onde aprenderán a programar un robot.
En grupos de 3, os alumnos participarán na montaxe e programación dun robot móbil cun kit de LEGO, de maneira sinxela e divertida. Antes recibirán unha preparación previa para introducilos e familiarizalos cos robots e a linguaxe da robótica.

Facemos radio escolar co alumnado do CEIP Virxe do Carme

Recibimos esta semana nos estudios de Radio Burela dous grupos de 4º do CEIP Virxe do Carme. O martes 7 de novembro recibimos os de 4º B acompañados pola súa titora Pili e o venres 10 recibimos os de 4º A coa súa titora MariCarmen. 
Fixemos un programa especial emitido en directo polas ondas de Radio Burela nestes dous días. Os protagonistas presentaronse, falaron do que fan no seu tempo de lecer, recomendaron lecturas á audiencia e leron poemas. Falamos por teléfono con Jesus Arranz, director do CEIP Virxe do Carme, con Elba, membro da ANPA, con Sara Gil, estudante de xornalismo en Grecia e ex-alumna do colexio.
 
Damos as grazas a todas nenas e nenos de 4º do Virxe do Carme polos seus agasallos. Gustounos moito esta maqueta de radiocasete e os CD.  Pasámolo moi moi ben con vós!!! Esperamos revivir esta experiencia sen tardar. Parabéns!

Karina e Bernardo.

PD. No blogue de aula de 4º "O Gatiño das Castros" podedes ver montaxe de fotos  e minivideos.

Neste albúm, atoparedes a nosa reportaxe gráfica.  
 
 

Novembro, o mes da ciencia en galego

Resultado de imaxes para día da ciencia en galego 2017Con motivo da celebración do VIII Día da Ciencia en Galego Igaciencia comparte na súa web materiais adicados a Darwin e a Domingo Fontán.
 
Grazas o traballo das Bibliotecas Escolares de Galicia, atopamos unha recompilación de recursos para traballar a ciencia en galego.

Peregrina Quintela Estévez, catedrática de matemática aplicada, foi a responsable do manifesto deste ano.
 


by Dr. Radut