Skip to Content

Actividades 2011-12

Actividades

OBXECTIVOS  

O obxectivo da programación de Actividades Extraescolares e Complementarias do IES Pedro Floriani é engadir á formación do alumnado unha serie de actividades, non propiamente docentes, pero fundamentais para a súa formación como persoas. Ademais, trátase de planificar o curso académico de forma que as datas en que se altere a vida escolar sexan coñecidas por todos/as e permitan solucionar rapidamente as dificultades que poidan xurdir.

Dentro dos obxectivos:

-Formación da capacidade crítica dos individuos.

-Coñecemento de distintas manifestacións culturais.

-Formación como cidadán/a.

As actividades ofértanse aos alumnos e alumnas en función da súa idade e os seus intereses. Inténtase que a dimensión dos grupos que participan sexa a adecuada, que todo o alumnado teña algunha actividade no propio centro e que fagan unha saída tamén fóra de mesmo.

Nestas actividades poden participar o alumnado, o profesorado e resto de personal non docente do Centro. A súa xestión corre a cargo do profesorado e a coordinación faise dende Vicedirección do Centro; a ANPA prestará a súa axuda e tamén se conta coa colaboración de Pilar Dios (coordinadora do Biblioteca) e profesorado que ano tras ano participa activamente nas actividades de centro.

Así mesmo, procúrase que todas as actividades, tanto propostas polos distintos departamentos como as propostas directamente polo DACE, estean programadas co tempo suficiente para que toda a comunidade educativa afectada teña coñeza previamente as datas e o carácter das mesmas, alterando o menos posible a vida do centro.

Unicamente quedarían abertas e sen programar aquelas actividades que non se poidan ter previstas con antelación tales como concertos, exposicións, etc, por non coñecer aínda a oferta das mesmas.

Para a organización de tales actividades contarase coa colaboración do Departamento de Orientación para a preparación de materiais tendentes a salientar a importancia das referidas conmemoracións.

 


XESTIÓN ECONÓMICA DAS ACTIVIDADES. ORZAMENTO  

Para financiar os gastos do proxecto de actividades extraescolares e complementarias, o instituto ten unha partida orzamentaria de 3343,56 € .

Como queda recollido no RRI, as actividades serán costeadas polo alumnado, os departamentos didácticos, a ANPA e outros organismos. O departamento de actividades complementarias e extraescolares contribuirá aportando ata o 50% do autobús naquelas actividades complementarias que requiran desprazamento.

No Consello Escolar celebrado o día 20 de outubro de 2010 decidíuse que as actividades que non foron orzamentadas nas programacións dos departamentos quedarán supeditadas ao orzamento de que se dispoña no momento da súa celebración.

Tendo en conta o citado no parágrafo anterior, o orzamento total das actividades de centro propostas polo DACE supoñen um total de 1600 €, repartidos entre actividades conmemorativas e outras conmemoracións que se celebran tradicionalmente no nosso centro.

DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES  

 

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS

ACTIVIDADE

DATAS Ó LONGO DO CURSO

ORZAMENTO

Semana da Ciencia

Do 7 ao 18 de novembro

50 €

Conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia

Do 1 ao 11 de decembro

-

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

10 de decembro

50 €

Día da Paz

30 de xaneiro

100 €

Día Internacional da Muller Traballadora

8 de marzo

50 €

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

15 de marzo

-

Semana da Prensa

Do 12 ao 16 de marzo

-

Semana do Libro

Entre o 12 e o 30 de abril

100 €

Día Mundial da Saúde

7 de abril

-

Día de Europa

9 de maio

-

Semana das Letras Galegas

Do 9 ao 16 de maio

150 €

Día Mundial do Medio Ambiente

5 de xuño

50 €


FESTAS TRADICIONAIS E OUTRAS CELEBRACIÓNS

ACTIVIDADE

DATA

COMENTARIO

 

Samaín

11 novembro

Contacontos – Plan Lector / Biblioteca: Lectura de relatos de medo en distintos idiomas. Participan todos os grupos de ESO. Exposición de cabazos.

50 €

Magosto

11 novembro

Degustación de castañas. Concurso de receitas con castañas. Cancións Celtas en distintos idiomas – Plan Lector / Biblioteca Sorteo de regalos. Carreira solidaria.

200 €

Festival de Nadal

21 decembro

Actividades organizadas polo alumnado e profesorado. Xogos deportivos.

100 €

Entroido

17 febreiro

Concurso de disfraces Concurso gastronómico Karaoke. Sorteo de regalos. Murais alusivos ao tema.

250 €

Festival despedidaalumnos/as de Bacharelato e Ciclos Formativos

Maio-xuño

Entrega de orlas e diploma ós alumnos que rematan o Bacharelato e Ciclos Formativos nun acto no Multiusos deRedondela ó que se invitara ás familias.

350 €

Festival fin de curso

22 Xuño

Actividades organizadas polo alumnado e profesorado. Xogos deportivos.

100 €

TOTAL: 1.050 euros

PROPOSTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS CURSO 2011-2012

ACTIVIDADES QUE SE LEVARÁN A CONSELLO ESCOLAR PARA A SÚA APROBACIÓN



Distribuir contido


by Dr. Radut