Skip to Content

Pagina nueva 1

Documentos

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA 2019/2020

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019.


Máis información:
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Convocatoria para participar no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e axudas para o MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR CURSO 2018/19
ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19. (DOG 21/MAIO/2018)
PRINCIPAIS DATAS:
Presentación solicitudes Do 22 de MAIO ao 22 de XUÑO
Listaxe provisional solicitudes admitidas/non admitidas 12 XULLO
Reclamación listaxes provisionais 13 e 14 XULLO
Listaxe definitiva solicitudes admitidas/non admitidas 14 SETEMBRO
 PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
Presencialmente: Na secretaría do centro:  ENLACE Á SOLICITUDE
Telemáticamente.- Nos seguintes sitios web:
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:
Necesariamente, as persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos membros computables unidade familiar).
 
b) Copia do LIBRO DE FAMILIA onde figuren todos os membros computables.
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
2º. Certificado ou volante de convivencia emitido polo Concello.
3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Ademais, se é o caso, a documentación xustificativa nos supostos de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da unidade familia; violencia de xénero no ámbito familiar; acollemento, tutela ou garda do alumno/a, entre outros supostos (Artigo 12 da Orde).
Distribuir contido


by Dr. Radut