Skip to Content

Pagina nueva 1

Novas

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA

Este curso contamos con catro clubs de lectura que darán comezo ao longo do mes de outubro coa seguinte distribución: 

7 de outubro: 1º e 2º ESO / FP Básica HEDWIG

14 de outubro: 3º e 4º ESO / LAURIÓN

21 de outubro: Bach, Ciclos, Adultos / ATENEA

28 de outubro: Lectura fácil

REUNIÓN INFORMATIVA COAS FAMILIAS

O vindeiro luns 7 de outubro terá lugar a xuntanza coas familias de principio de curso no Salón de Actos do Instituto no seguinte horario:

  • 18:30: 1º ESO
  • 19:00: 2º e 3º ESO
  • 19:30: 4º ESO e 1º Bacharelato
  • 20:00: 1º e 2º FP Básica

Agardámosvos!

CALENDARIO ESCOLAR 2019/2020

HORARIO INICIO DO CURSO 2019/20

PRESENTACIÓNS DÍA 16 DE SETEMBRO DE 2019


CURSO

HORA

LUGAR

  1º e 2º ESO

11:30-12:00 h

AULAS

  3º e 4º ESO

12:00-12:30 h

  1º e 2º BACH, CICLOS FP
  e 2º FPB

12:30-13:00 h



O ALUMNADO TERÁ EXPOSTAS


NA ENTRADA DO INSTITUTO


AS LISTAS PARA LOCALIZAR A SÚA AULA E TITOR/A



Nota: A hora de saída é aproximada.


LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL

Xa están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes provisionais das solicitudes do fondo solidario de libros de texto e axudas de material así como o período de reclamacións.

Horario de 9:00 a 13:00 horas.

Imaxe relacionada

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

Publicamos o calendario de datas e horas de exames de setembro.

A entrega de notas será o xoves día 5 de setembro ás 11:00 horas. 

Reclamacións: 5 e 6 de setembro.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2019-2020

Preme na seguinte ligazón para ver o listado dos libros de texto para o vindeiro curso.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2019/2020

Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 20 de xuño de 2019 (DOG)

Ver calendario

PRAZOS DE ADMISIÓN PARA FORMACIÓN PROFESIONAL

Información xeral de admisión. Curso 2019/2020

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Durante os períodos de solicitude establecidos (cumprindo os requisitos de acceso), utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA 2019/2020

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 21 de xuño de 2019.


Máis información:
http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
https://www.edu.xunta.es/fondolibros

Distribuir contido


by Dr. Radut