Skip to Content

Pagina nueva 1

ANPA

ANPA do IES Pedro Floriani

Que é a ANPA?

É a asociación de nais e pais do alumnado do IES PEDRO FLORIANI .
A asociación sérvenos como órgano de representación ante os órganos municipais e ante a Dirección e o Profesorado do centro, con quen podemos colaborar para a mellora da súa xestión, en beneficio da educación dos nosos fillos e fillas.
O ANPA ten representación no Consello Escolar e colabora coas ANPAS doutros centros.

Que fai a ANPA?

A pretensión desta asociación é mellorar a comunicación entre a asociación e todos as persoas que se relacionan co centro, así como servir de axuda e colaboración nas actividades do mesmo. Ademais, comeza un novo curso no que entre todos/as,  pais/nais e centro, podamos colaborar para que os nosos fillos/as poidan ter a mellor calidade e benestar no centro por encima de calquera tipo de interese persoal.

Espazo na web do IES Pedro Floriani

Desde a asociación, gustaríanos recibir calquera comentario, suxestión ou achega que poida enriquecer o contido deste espazo na WEB .
O obxectivo desta web é fundamentalmente a de informar a todos/as
  

ASÓCIATE, É IMPORTANTE !

Vantaxes:

Todo o alumnado, cuxos pais/nais estean ao corrente do recibo da ANPA, recibirán axudas para saídas, excursións, intercambios e agasallos nos distintos concursos que se fagan no centro.

Como podo facerme socio/a?

Mediante este impreso: Solicitude de socio
Realiza o ingreso segundo se indica na folla  e entrégaa dende e como se indica na solicitude.
A cota anual é de 12 € por familia.

Como podo contactar coa ANPA e coñecer mellor todo o que fai?

Local: IES Pedro Floriani.
Teléfono: 666193371
Durante os luns do mes de outubro, poderán poñerse en contacto persoalmente coa ANPA no lugar anteriormente indicado de 18:30 a 19:00h.

Distribuir contido


by Dr. Radut