Skip to Content

Actividades

ACOMPÁÑOTE NO CAMIÑO

Durante o curso 2019-20 o IES Pedro Floriani participou, xunto ao IES Illa de San Simón, IES Mendiño e IES de Chapela, no proxecto "Acompáñote no Camiño" dentro do plan PROXECTA e en colaboración con SOAR (Sociedade de Amigos de Redondela).

Concretamente o proxecto Acompáñote no Camiño enmárcase dentro da Consellería de Política Social e na Rede de Centros Escolares Solidarios e consiste en favorecer a comunicación do alumnado cos peregrinos/as en distintos idiomas e dar a coñecer a nosa cultura e patrimonio.

Ademais de acoller no instituto as xuntanzas do alumnado voluntario de todos os centros de secundaria de Redondela, leváronse a cabo outras actividades que tamén forman parte do proxecto. Presentamos algunhas delas de seguido:

  • Encerado dixital colaborativo de debuxos do porto de Cesantes realizados polo alumnado de 1º de ESO.
  • Metrominutos para coñecer os principais puntos de interese de Redondela a pé e as distancias existentes entre eles. Traballo elaborado por alumnado de 2º de ESO e incluídos nos roteiros.
  • Ruta por Cesantes, publicada na web de SOAR.
  • O barrio da Portela.
  • Roteiro por Reboreda.
  • O vínculo co máis alá: Roteiro polo cemiterio dos Eidos e a capela de Santa Mariña.
  • Encerado dixital colaborativo do Camiño desde Redondela con fotografías de portas e portais de Redondela engadindo frases e versos que fan referencia ao Camiño, elaborado polo alumnado de 2º de ESO.

CLUBES DE LECTURA CONFINADOS: 40 DÍAS, 40 LIBROS

Aproveitando que celebramos o Día do Libro, os clubes de lectura do instituto invitámosvos a todo o alumnado e profesorado a entrar no noso padlet e recomendarnos algún libro.

Clica aquí para entrar.

Unha vez dentro, podedes colaborar facendo unha ou máis entradas para recomendar ou comentar libros. Para iso só tedes que clicar en calquera lugar do panel e abrirásevos unha ventá na que podedes escribir, subir fotos, e/ou elaborar outros materiais (con genial.ly, animaker ou a aplicación que prefirades) e enlazalos. Creatividade e imaxinación ao poder!

Non esquezades poñer o voso nome.

O RETO É CHEGAR A 40 LIBROS, CONSEGUIRÉMOLO? ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

            
                 
Distribuir contido


by Dr. Radut