Skip to Content

HORA DE LER

NORMATIVA E CALENDARIO

  1. O alumnado accederá desde o blog Bibliofloniani ao formulario para solicitar o libro que quere ler de 1º e 2º ESO ou de 3º, 4º e FP Básica.
  2. No formulario figuran dous enlaces a padlet con propostas de lecturas: un dirixido a 1º e 2º de ESO e outro para 3º, 4º e FP Básica.
  3. Cada persoa deberá encher un formulario para formalizar o empréstito do seu libro para a Hora de ler. No formulario deberá incluir alomenos catro títulos por orde de preferencia, aínda que o préstamo será só dun libro. 
  4. Pódense pedir libros de calquera dos dous padlet, independentemente do curso ao que se pertenza. Así, un alumno/a de 3º ou 4º pode pedir libros do padlet de 1º e 2º e viceversa. Sen embargo, a pertenza a un determinado curso pode dar prioridade á hora de tomar prestado un libro se máis dunha persoa o solicita.
  5. O alumnado recibirá na aula a caixa con todos os libros do seu grupo (un por persoa). Ao finalizar a sesión a caixa deberá baixarse á biblioteca, onde permanecerá ata a seguinte sesión.
  6. En cada libro figurará unha nota (post-it)  co seu destinatario/a. Ademais, pegada na caixa irá unha lista con todo o alumnado do grupo e o libro que ten cada un/ha.
  7. Se algunha persoa quere cambiar o libro de lectura, deberá comunicalo a través dun correo electrónico a horadelerfloriani@gmail.com no que inclúa o seu nome, curso e o libro que solicita con, polo menos, 24 horas de antelación con respecto á seguinte sesión da Hora de ler. É aconsellable que o alumno/a inclúa polo menos dous títulos por orde de preferencia, por se o que desexa ler non está dispoñible nese momento.
  8. De non poder comunicalo a través do correo electrónico, deberá facelo a través dunha nota que se entregará coa caixa.

BIBLIOFLORIANI - HORA DE LER
Calendario 2020-2021

1ª Avaliación
Día de lectura: MARTES
2ª Avaliación
Día de lectura: MÉRCORES
3ª Avaliación
Día de lectura: XOVES

20/10:  9:00-9:50
27/10:  9:50-10:40
03/11: 10:40-11:30
10/11: 12:00-12:50
17/11: 12:50-13:40
24/11: 13:40-14:30

Recollida libros:
25 novembro

20/01:  9:00-9:50
27/01:  9:50-10:40
03/02: 10:40-11:30
10/02: 12:00-12:50
24/02: 12:50-13:40
03/03: 13:40-14:30

Recollida libros:
4 marzo

15/04:  9:00-9:50
22/04:  9:50-10:40
29/04: 10:40-11:30
06/05: 12:00-12:50
13/05: 12:50-13:40
20/05: 13:40-14:30

Recollida libros:
21 maio



page | by Dr. Radut