Skip to Content

Servizos

Introdución

O I.E.S. Pedro Floriani conta diversos servizos pedagóxicos aos que o alumnado pode acceder para poder realizar unha construción formativa máis completa.

Orientación

Servizo de asesoramento para guiar e apoiar o desenvolvemento das persoas no plano persoal, profesional e educativo.

  • Web: http://florienta.blogspot.com/
  • Correo de contacto: orientadorafloriani@gmail.com
  • Cita: Se queres poñerte en contacto co Servizo de Orientación envía un correo co asunto “CITA ESA” ao correo de contacto. Posteriormente contactarase contigo indicándoche as pautas a seguir para realizar a consulta.

Biblioteca

Servizo de facilitación do proceso educativo, formativo e informativo da comunidade educativa que habilita espazo de estudo, reunión e organización, así como de préstamo de diverso tipo de recursos (libros, películas...).

  • Web: http://bibliofloriani.blogspot.com/
  • Correo de contacto: bibliofloriani@gmail.com
  • Solicitude de Recursos: Se queres solicitar un recurso da biblioteca debes realizar os seguintes pasos:
    • Escolle un libro entre o Catálogo da Biblioteca que podes consultar aquí.
    • Envía un correo a horadelerfloriani@gmail.com co asunto “PRÉSTAMO ESA” indicando o Título, Autoría e o Rexistro do material que queres levar en préstamo.
    • Posteriormente contactarase contigo dándoche as indicacións pertinentes sobre a situación da túa reserva.
  • Emprego de Espazo: Se queres empregar a biblioteca como espazo de estudo, xuntanza ou lectura tan só tes que entrar e escoller o teu espazo.

Normas COVID. 

  • Non se poderá empregar o espazo como lugar de xuntanza.
  • No caso de empregar a biblioteca deberás:
    • Respectar o aforo indicado na biblioteca. Non pode haber máis de 20 persoas.
    • Hixienizar as mans.
    • Anotarte na Folla de Rexistro de Usuarios/as que hai na sala indicando: Nome, Apelidos, Módulo, Número de Posto, Data e Hora na que te sentaches.
    • Limpar o teu posto antes e despois do seu uso.
    • Non se poden coller materiais da biblioteca. Se queres algún material terás que seguir os pasos indicados na “Reserva de Recursos”.

 

Normalización Lingüística

Servizo de asesoramento e información sobre os teus dereitos lingüísticos e a situación da lingua galega. Ademais podes unirte ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega que funciona con carácter permanente do centro realizando propostas e actuacións en diversos planos co fin de promover e potenciar o uso da lingua galega.



page | by Dr. Radut