Skip to Content

MEDIDAS PREVENTIVAS SOBRE SAÍDAS ESCOLARES

Á atención da comunidade educativa:

Atendendo á solicitude de colaboración por parte do Ministerio de Sanidade e dado o novo escenario de contención reforzada que insiste na recomendación de “evitar as viaxes que non sexan estrictamente necesarias”, a Dirección do IES Pedro Floriani comunícalle que acordou tomar a seguinte medida preventiva: A partir do xoves 12 de marzo, e ata novo aviso, serán suspendidas todas as actividades complementarias fóra do recinto escolar así como as actividades extraescolares programadas.

Agradecemos a súa colaboración e aproveitamos para enviarlle unha aperta. 

A Dirección



book | by Dr. Radut