Skip to Content

PROFESORADO DO IES PEDRO FLORIANI RECIBE FORMACIÓN EN CANADÁ GRAZAS A UN PROGRAMA DA XUNTA DE GALICIA

Nos pasados meses de novembro e decembro dous dos profesores do IES Pedro Floriani, Olga Pazos e Ramón Soler, participaron no programa PIALE, un programa de integración lingüística e educativa, que incluíu unha estancia dun mes en Ottawa, Canadá, asistindo a un curso de formación e participando activamente na docencia en sendos centros educativos da cidade, un centro de educación de secundaria e un centro para educación de adultos inmigrantes.Programa PIALE

A Xunta de Galicia organiza este programa todos os anos, con varias modalidades que inclúen formación para profesorado especialista de inglés, francés e portugués e se desenvolven en Canadá, Francia, Inglaterra e Portugal.

O programa PIALE está contribuíndo a implantar en Galicia unha visión máis moderna da educación que non se centra só nos contidos das materias senón que atende á autoestima do alumnado, o espírito de cooperación e traballo en equipo, utiliza medios audiovisuais e é consciente da repercusión das actitudes individuais no medio ambiente e a vida social.

A aula bilingüe do IES Pedro Floriani creouse no ano académico 2012-13, no que se impartía a materia de Ética en 4º ESO, de 1 hora semanal. Na actualidade imparte a materia de Filosofía, no mesmo nivel educativo pero con 3 horas semanais. Desde o curso 2017-18 hai un profesor nativo asignado á aula, que colabora co Departamento de Inglés en todos os cursos do instituto.


Enlace á noticia no Faro de Vigo

AdxuntoTamaño
Canada piale 2019.ppt87.71 MB


book | by Dr. Radut