Skip to Content

Pagina nueva 1

O NOSO CENTRO

O IES Pedro Floriani de Redondela (Pontevedra) empezou a súa andaina no curso 1983/84 e nesa ocasión tiña a denominación de Instituto de Formación Profesional de Redondela ubicado en plena marisma choqueira, ata que o 25 de setembro de 1998 pasou a denominarse IES Pedro Floriani en memoria do enxeñeiro turinés que construíu o viaduto da nosa vila. Este cambio de nome coincide coa adecuación do centro ao novo sistema educativo onde comezarán a impartirse cursos de 3º de ESO e os ciclos superiores de "Desenvolvemento de produtos electrónicos" e "Administración e finanzas".

panoramica



page | by Dr. Radut