Xeografía e Historia

O xoves 4 de marzo, alumnado de 3º ESO do IES Pedregal de Irimia participou, xunto con centros de toda Galicia, na I Olimpíada Junior de Xeografía organizada polo Colexio de Xeógrafos de Galicia. María, Diego, Sergio, Kevin, Hugo, Teo e Antón, que quedou clasificado no cuarto posto, deixaron o noso pavillón ben alto.

Hoxe a organización enviounos os diplomas acreditativos da participación, uns agasallos e o premio para o cuarto clasificado.

Parabens!!

Chegou para quedar no IES de Meira: O MAPA DE GALIZA DE DOMINGO FONTÁN. Trátase do primeiro mapa científico feito na península ibérica. Esta magna obra (cunha exactitude que sorprende aínda hoxe) realizouse grazas ao traballo de campo feito durante 17 anos. A "Carta xeométrica de Galicia" publicouse por vez primeira en París no 1845, despois de moitos atrancos.  Dadas as súas dimensións, o mapa de Fontán estará custodiado no Departamento de Xeografía e Historia (para maior aproveitamento didáctico do mesmo) contando coa colaboración da Biblioteca do centro.

Preme AQUÍ para velo ao completo

Os criterios de cualificación que establece o Departamento de Xeografía e Historia para o curso 2020-21 son os que se presentan no arquivo adxunto CLICK AQUÍ

Ferramentas de aprendizaxe a distancia das materias do Departamento de Xeografía e Historia durante o período de suspensión das clases polo COVID-19

Distribuir contido