Chegou para quedar no IES de Meira: O MAPA DE GALIZA DE DOMINGO FONTÁN. Trátase do primeiro mapa científico feito na península ibérica. Esta magna obra (cunha exactitude que sorprende aínda hoxe) realizouse grazas ao traballo de campo feito durante 17 anos. A "Carta xeométrica de Galicia" publicouse por vez primeira en París no 1845, despois de moitos atrancos.  Dadas as súas dimensións, o mapa de Fontán estará custodiado no Departamento de Xeografía e Historia (para maior aproveitamento didáctico do mesmo) contando coa colaboración da Biblioteca do centro.

Preme AQUÍ para velo ao completo

No IES Pedregal de Irimia este ano viviuse un Entroido atípico, pero sen esquecer o espírito que ten esta festa.  Foron tres días nos que toda a comunidade educativa do noso centro celebrou un "novo entroido".

Álbum: CURSO 2020-21 -> ENTROIDO 2021
Tags:

A Biblioteca e o Departamento de EPVA do IES Pedregal de Irimia están a organizar o I Certame Fotográfico de temática relacionada coa natureza e os espazos naturais.

As bases do concurso están neste arquivo, así como algunha recomendación á hora de facer composicións fotográficas.

Tags:

Publicadas na CIUG as datas provisionais ABAU 2021:

CONVOCATORIAS

  • ORDINARIA: 8-9-10 de xuño
  • EXTRAORDINARIA: 13-14-15 de xullo

PROTOCOLO ABAU 2021

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Alumnado de centros adscritos: CEIP PLURILINGÜE POETA AVELINO DÍAZ (Meira) e CEIP PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO (Mosteiro-Pol)

O PRAZO DE SOLICITUDES: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación "admisionalumnado" o formulario normalizado  que se publica como Anexo I da orde. 

O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Tamén se pode descargar desde este mesmo sitio web nos formularios que se engaden a continuación.

 Formulario Anexo I e manuais para as familias: Reserva e Admisión (preme sobre os enlaces)

 

Distribuir contido