Club de Lectura

Despedimos o curso cunha ruta literaria pola Ribeira Sacra

Os pasados días 22 e 23 de xuño os/as compoñentes do club de lectura, os MQs e o equipo de biblioteca ao completo (incluído o noso predecesor e benquerido compañeiro José Luís) marchamos de excursión para facer unha ruta literaria por terras do noso poeta homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Lois Pereiro.

Despedimos o curso cunha ruta literaria pola Ribeira Sacra

Maratón de lectura

Como cada ano, o venres 20 de maio, levamos a cabo o maratón de lectura que forma partes das actividades de celebración do Día das Letras Galegas. Iniciou o maratón o alcalde de Salceda, Marcos Besada, e a continuación, en turnos de 5 minutos, foron lendo profesores/as, limpadoras e alumnos/as voluntarios.

Maratón de lectura

Infusión de versos

Seguimos activando a vosa imaxinación no mes das letras.
"Infusión de versos" consiste en escribir poemas de Lois Pereiro en obxectos insólitos que forman parte da nosa vida cotiá. Xa vos mostraremos o resultado!
Máis información en:http://biblosvivos.blogspot.com/

Infusión de versos

O concurso un "Flash de amor" xa ten gañador

Xa temos gañador,  dende logo que moi fermosa a fotografía, e sobre todo moi amorosa, que é do que se trataba...

Parabéns para Pablo Leal pola súa fotografía "Cuando menos lo esperas, sale el sol"

Podes ver as demais fotografías gañadoras en: https://sites.google.com/site/flashdeamor/

O concurso un "Flash de amor" xa ten gañador

Tamén len... en febreiro

Na sesión mensual do "Tamén len"  visitounos no mes de febreiro David Alonso, director da Banda Xuvenil de Música de Salceda. Escolleu para ler un anaco de "Galván en Saor" , de Darío Xohán Cabana, un dos seus libros favoritos segundo nos contou. Compartimos con el uns minutos moi interesantes escoitándoo falar de literatura e, como non, de música.

Tamén len... en febreiro

A nosa biblioteca renova a súa imaxe

Neste primeiro mes de 2011 vimos de renovar certas zonas da nosa bibloteca para darlle cabida a novas seccións: como podes ver na foto agora contamos cunha Comiteca e unha Cinemateca. Así que xa sabes achégate ata alí e disfrutas das pelis e dos cómics que veñen de enriquecer os fondos da Calixtina.

Fotos e máis información en: http://biblosvivos.blogspot.com

A nosa biblioteca renova a súa imaxe

Os libros saen da biblioteca no Día Escolar da Paz e a da Non Violencia

Todos os 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia. A data rememora o falecemento do Mahatma Gandhi nese mesmo día do ano 1948.

Os libros saen da biblioteca no Día Escolar da Paz e a da Non Violencia

Cor de mazá

Ramón Blanco, exprofesor do instituto, adica a súa columna mensual no xornal ABC a Xose Luis, o noso querido bibliotecario.

 

Powered by Drupal - Design by artinet