Lingua Galega

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

 

Cargados de ilusión e de bos desexos comezamos este novo ano 2023 publicando os relatos gañadores do mes de decembro que, aínda que non foron moitos os participantes, por razóns máis que obvias, sempre contamos coas nosas alumnas incondicionais. Grazas mozas!

Premede nos seguintes cursos se queres coñecer as persoas gañadoras e ler os seus relatos:

Parabéns a todas e a seguir participando!!

 

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

VISITA DE EVA MEJUTO

O luns 19 de decembro tivemos no centro á escritora e xornalista Eva Mejuto durante as dúas sesións da tarde.

 

Na primeira sesión, reuniuse co alumnado de 2º ESO, xa que este lera durante a 1ª avaliación a novela 22 segundos; na segunda, o encontro foi co alumnado de 3º ESO, que fixera a lectura de A ladroa da biblioteca de Meirás.

  

Resultou un fermoso encontro no que a escritora, ademais de responder a todas as preguntas que inquietaban ao alumnado, lles contou como desenvolve o seu labor de escritora, e lles falou de diferentes temas como a memoria histórica, a transexualidade...

EDDLG principal.png

VISITA DE RAQUEL CASTRO

 

A escritora Raquel Castro visitounos o pasado 15 de decembro para falar da súa obra co alumnado de 1º de ESO, que leu durante a avaliación un dos seus libros, ou Dormente ou A formiga fóra do carreiro.

 

 

Logo de responder a todas as preguntas que lle formularon, que non foron poucas, a escritora botou man dos seus dotes escénicos e, logo de amosarlles unha maleta como a que a protagonista de A formiga fóra do carreiro levou na súa aventura, tirou parte do seu contido e caracterizou o alumnado voluntario para, a continuación, dramatizar os primeiros actos de ambas as pezas teatrais.

               

 

O resultado foi marabilloso e o público puido comprobar que o instituto posúe unha boa canteira de actores e actrices de teatro entre o alumnado de 1º ESO.

         

 Finalmente, houbo tempo para que Raquel Castro lles dedicase e asinase os exemplares.

     

 

 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO

Cheos e cheas de exames e a piques de darlle a benvida ao mes do Nadal, publicamos o relato gañador do mes de novembro. Se o queredes ler, premede aquí.

Noraboa ás gañadora e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de decembro ata o 26 de decembro. Esperámosvos!

CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO

mpriosoxlz

itcssirzio | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gt2pk8x52gs4a2r1b6548933tj9txp4os.org/]umpriosoxlz[/url]
mpriosoxlz http://www.gt2pk8x52gs4a2r1b6548933tj9txp4os.org/
ampriosoxlz

mpriosoxlz

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o Día das Bibliotecas o mesmo luns 24 de outubro durante a hora de lectura (de 10.10 a 11.00 h.) alumnado voluntario de todos os niveis fixo un programa especial de radio.

                                              

Léronse fragmentos da obra de Francisco Fernández del Riego, autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2023

Púidose seguir en directo na canle de youtube "Onda Raia Pedras Rubias".

Ademais, na porta da biblioteca houbo  agasallos literarios para todos/as.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

CONCURSO RELATO CURTO

Chegado o mes de outubro, o departamento de Lingua Galega e Literatura retoma o concurso de relato curto.

 

Igual ca anteriores edicións, o tema é libre, pero os relatos deste mes deben comezar polo comezo da obra O cego de Pumardeón de Francisco Fernández del Riego, autor das Letras Galegas 2023: “Mauro revólvese no leito. Dá unha volta e outra. De súpeto…”.

 

Se queres concultar as bases completas, podes facelo premendo no cartel.

 

Animádevos e participade. Hai un agasallo para o/a mellor de cada aula!!

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

A piques de rematar o curso e coas axendas cheas de exames, traballos... a nosa querida Lucía non cesou na súa constancia e perseveranza, e volveu participar no concurso de relato curto.

No seguinte enlace podedes deleitarvos coa súa lectura:

2º B

Noraboa e moitas grazas pola túa tenacidade.

Ata ao próximo curso!!

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Xa estamos no mes de maio e con el, coma sempre, a voltas coas Letras Galegas, que este ano se lle dedican a Florencio Delgado Gurriarán.

Temos que publicar o relato gañador do mes de abril que de novo é obra da nosa incondicional Lucía Fernández Gándara.

Se queredes lelo, só tes que premer no curso:

2º B

Noraboa e a seguir participando, que só queda o mes de maio!

EDDLG principal.png

MERCADIÑO DE LIBROS

Para conmemorar o Día do libro, o venres 22 de abril fíxose un mercado de libros.

Os días previos, o alumnado que quixo participar, que foi moito, trouxo libros que deixou na biblioteca a cambio de vales que logo intercambiou o día da feira.

Contamos coa doazón desinteresada da librería Donas de Salceda e tamén do profesorado. Moitas grazas pola vosa xenerosidade.

 

 

Levouse a cabo na nova sala de profesorado, ao carón da radio, xa que non puido ser no exterior, tal como estaba previsto, debido ao mal tempo.

                         

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet