2016/17

2016/17

Pantallas amigas

O pasado 7 de decembro o alumnado de 2º de ESO asistiu a un taller impartido por “Pantallas Amigas”, que consistiu no visionado de videos sobre prevención e riscos en internet de conductas sexistas (sexting, grooming, etc) coa finalidade de previr conductas que se poidan tipificar como violencia de xénero, concienciar sobre cales son esas conductas e educar na igualdade de xénero como un medio para que non se reproduzan.

Pantallas amigas

Obradoiro de Radio

O pasado 1 de febreiro realizouse un obradoiro de radio para o alumnado ofertado pola asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas Ondas!. Impartido por Damián Alonso, actor de dobraxe con experiencia en locución, voz corporativa, publicidade, radio e narración.

O obradoiro impartiuse para os alumnos/as do grupo de radio e durou toda a mañá. Nel traballáronse nocións básicas de vocalización e dicción, creacións de postcast, uso das ferramentas de gravación e edición do son, elaboración de textos para ser locutados.

O obxectivo era desenvolver a modulación da voz, aprender a gravar e crear a través de programas e adquirir coñecementos básicos para subir programa producidos á rede para compartilos.

Funcionou moi ben e foi moi eficaz, considerando que sería un obradoiro idóneo para todo o alumnado, non só para os de radio, e incluso tamén para o profesorado. Técnicas de lectura, de comprensión, de vocalización que, de xeito divertido , práctico e ameno. Damián soubo chegar ao alumnado e facernos pasar unha estupenda mañá na que aprendemos moito .

Obradoiro de Radio

Calendario de Setembro

·         Exames de recuperación: 1,4 e 5 de setembro.

·         Avaliacións: 6 setembro

·         Entrega de notas : 7 de setembro ás 10:00 h.

·         Período de reclamacións: 8 e 11 de setembro de 12:00 a 13:00

·         Matrícula: ata o 12 de setembro

·         Primeiro día de clase: venres 15 de setembro de 10:30 a 12:00

O Club de lectura: Carlos Casares

Este curso o club de lectura traballo a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Ademais de traballar os seus textos tres foron as actividades destacadas ao longo do curso:

-un roteiro literario por Ourense, percorrendo a súa cidade natal.

-adaptación teatral de dúas das súas obras infantiles, "A galiña azul" e "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas"; estas obras foron representadas tanto no instituto como ao alumnado de Infantil das distintas escolas do Concello, e ao alumnado de 6º de Primaria.

-o maratón de lectura xirou arredor do seu  libro Vento ferido.

Podes consultar máis información nos blogs da biblioteca e do club de lectura:

   ROTEIRO LITERARIO         ADAPTACIÓNS TEATRAIS       MARATÓN DE LECTURA

 

O Club de lectura: Carlos Casares

Representando a Casares

O Club de lectura representou distintas versións teatrais de obras infantiles de Casares que durante os meses de maio e xuño andiveron a representar polos distintos colexios de Salceda.

Toda a información no blog do Club de Lectura.

Representando a Casares

Maratón de lectura

O venres 19 de maio celebrouse o tradicional maratón de lectura. De 9 a 14 horas, na biblioteca Calixtina, leuse o libro “Vento ferido”, coincidindo coa celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a Carlos Casares. Ao longo da mañá completáronse catro voltas do libro, na que foron participando alumnos, alumnas e profesores. Como noutras edicións cada participante recibiu un diploma que o acreditaba como participante no maratón deste ano. Como todos os anos o maratón estivo supervisado polo noso primeiro bibliotecario, Jose Luis.

Maratón de lectura

III Campionato de Robótica

O pasado día 28 de abril, o clube de robótica do IES Pedras Rubias participou no III campionato de robótica da Universidade de Vigo. O campionato constou de duas probas, una de velocidade na que o robot tiña que completar un circuito formado por unha liña no menor tempo posible (modalidade segueliñas) e outra proba que consistíu en sacar dun ring duas latas de refresco no menor tempo posible (modalidade barrendeiro)

 Participaron dous equipos, un de 3ºESO e outro de 4ºESO sendo os mellores na proba de segueliñas, pero sufrindo fallos aleatorios na proba de barrendeiro que fixo que so pasase a final un equipo, quedando finalmente séptimos dun total de 55 equipos participantes.

 Todos os alumnos pasaron un bo día, sentido a emoción da competición e coñecendo outros participantes de diversos centros galegos. E quedaron con gañas de volver a participar na IV convocatoria do concurso.

III Campionato de Robótica

Novo estreno da compañía de teatro do instituto

Imaxe extraída do disco "Imaginarium" do grupo Máscara.

Aulas sen fume

Un ano máis o alumnado de 1º da ESO participa no programa "Aulas sen fume" onde se trata de concienciar tanto ao alumnado como as súas familias dos danose os perigos do consumo de tabaco.

Este curso ademais estamos de noraboa xa que o traballo presentado polo alumnado de 1ºB acadou o segundo premio. Parabéns ao noso alumnado.

A continuación deixamos os traballos presentados:

               2º PREMIO: AULA DE 1ºB

 

                     Traballo de 1ºC

 

Traballo de 1ºA

 

Entre un galo e... un polbo

Actuación de Avelino González polo día das Letras Galegas.

 Con motivo das celebración das Letras Galegas, contamos coa súa visita no mes de maio. O martes 16 contou para os de 3º e 4º ESO e o xoves 19 para os de 1º e 2º ESO.

 En ambas sesións,  Avelino contou, en clave de humor,  parte da vida de Casares, esa que non está escrita nos libros nin na súa biografía literaria. Nunha hora de duración, aproximadamente, contou feitos, sucesos  e anécdotas vividas e escoitadas por Casares, focalizándoas dentro das súas obras e narrándoo de forma moi amena e  divertida.  Deunos a coñecer ese Casares persoa, humano,  que facía trasnadas de mozo, que namoraba, que se divertía cos amigos, que xogaba, que tiña vicios, que escoitaba á xente... amosando como, ademais de un gran escritor, era un referente na cultura,nas novas tecnoloxías e que, ao mesmo tempo, facía entenderse por calquera.

 En ambas contadas, ademais de introducir as anécdotas de Casares, fíxolles entender ao alumnado, con ironía e humor, que os valores humanos son tan importantes como os académicos, Tocou temas transversais e valores tan importantes como a tolerancia, a igualdade entre sexos, os perigos das novas tecnoloxías, a xenofobia, a humildade, a importancia de ler... todos presentes nos libros de Casares e que Avelino soubo transmitirlle aos alumnos/as a través das súas palabras, xestos, e sentido do humor.

 

Entre un galo e... un polbo

Powered by Drupal - Design by artinet