O pasado 6 de abril o alumnado de 2º curso de ESO asistiu a unha charla sobre diversidade afectivo sexual e prevención do acoso escolar impartida por Raquel Cordeiro da asociación “Nós mesmas” de Vigo.
O alumnado mostouse interesado respecto aos contidos tratados sobre identidade sexual, orientación sexual e sexo biolóxico, plantexando cuestións e mostrando empatía e respecto pola diversidade.
A prevención do acoso escolar basease tamén no coñecemento e respecto pola diversidade , a visibilidade é o primeiro paso para xerar situacións de empatía a través da información e tamén no emprego de talleres ou obradoiros de role playing.
