O xatcobeo aterriza no noso instituto

Todo un privilexio para o noso instituto, e especialmente para os alumnos de 4º de ESO, que o xoves 26 de abril asistiron a unha charla científica sobre o "xatcobeo" por parte do ex-alumno Darío Hermida e un dos máis importante enxeñeiros que participou neste proxecto galego do que a continuación vos damos máis información, para que sexades conscientes do privilexio que tivemos:

O Xatcobeo, coñecido ao primeiro como Dieste, é un proxecto de desenvolvido por un equipo de varios departamentos da Universidade de Vigo  en colaboración coInstituto Nacional de Técnica Aeroespacial e o apoio da empresa pública galega Retegal. . Foi lanzado o 13 de xaneiro de 2012 mediante o foguete Vega dende o centro espacila de Kourou na Güaina Francesa. O Xatcobeo é o primeiro satélite galego e ten como misión a investigación da mellora nas comunicacións por satélite.

O xatcobeo aterriza no noso instituto

Powered by Drupal - Design by artinet