CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Ás portas do Entroido, de san Valentín, do Día Mundial da Radio, do día de Rosalía… e co novo ano iniciado, publicamos os relatos gañadores do mes de xaneiro.

1º B

4º A

Parabéns para as gañadoras e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de febreiro ata o 24, que este ano é bisesto. Esperámosvos!

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

Cargados de ilusión e bos desexos comezamos este novo ano 2024 publicando o relato gañador do mes de decembro que, por razóns máis que obvias, só contamos co participación da  nosa alumna incondicional, Lucía Fernández Gándara.

Premede no curso se queres ler o seu relato:

4º A

 Parabéns e a seguir participando!!

CONCURSO RELATO CURTO DECEMBRO

MÁRTIRES DE SOBREDO 2023

Un ano máis o IES Pedras Rubias, xunto aos dous institutos de Tui (Indalecio Pérez Tizón e San Paio), e este ano tamén o IES Ribeira do Louro de Torneiros, implicouse nos actos de conmemoración dos Mártires de Sobredo, con motivo do aniversario das mortes de Cándida Rodríguez, Xaquín Estévez e Venancio González por disparos da forza pública, o 28 de novembro no lugar de Sobredo (Guillarei), no contexto da loita antiforal no ano 1922.

Dende o curso 2012-2013 este acto conmemorativo ten o valor engadido de estar en conexión co ”Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo”, creado en 2012 polos Concellos da contorna. Tras o acordo unánime do Claustro no mes de marzo de 2013, constamos como colaboradores desta actividade que levamos realizando desde hai anos.

Como xa tiña sucedido noutras edicións, por mor do mal tempo, a actividade tivo que ser adiada e, finalmente, puido levarse a cabo o 19 de decembro.

O alumnado de 4º da ESO dos catro institutos realizaron unha andaina conxunta desde Tui. Acompañounos D. José Martínez Tato, concelleiro de Tui e presidente de Andatui, que lles serviu de guía e foilles explicando durante o percorrido os principais acontecementos e lugares da loita antiforal.

 

                                             

Chegados ao monumento de Sobredo, levouse a cabo a tradicional homenaxe aos asasinados, coa lectura duns textos de carácter poético, histórico e artigos de prensa da época.

  

     

Interpretáronse varias pezas musicais con instrumentos tradicionais e de banda a cargo do alumnado do IES Pedras Rubias.

     

Levouse a cabo a ofrenda floral ante o monumento de Camilo Nogueira, inaugurado en 1932, dinamitado en 1936 e recuperado en 1988.

Rematouse cantando todos xuntos o himno galego.

 

Finalizada a homenaxe, houbo un tempo de lecer e de convivencia entre os catro institutos, coa xa tradicional degustación de rosca.

 

ENCONTRO CO HISTORIADOR PAZ ANTÓN

O luns 20 de novembro o alumnado de 4º de ESO recibiu a visita do historiador local Xosé Ramón Paz Antón, autor de Sobredo 1922. Esta obra foi publicada o pasado ano con motivo do centenario dos Mártires de Sobredo e promovida polo concello de Salceda de Caselas.

 

No encontro, presentado polo exprofesor Raúl Francés, moi apreciado entre toda a comunidade educativa, o alumnado foi agasallado cun exemplar de dito libro.

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO

Chegados a esta época, a maioría do alumnado comeza a estar superado por tanto exame, traballo… pero a algún aínda fai o esforzo e participa no concurso de relato curto. Parabéns!

Este mes, ademais, contamos cunha novidade, posto que outorgamos por primeira vez cun Accésit.

Se queredes ler os relatos gañadores, podedes facelo premendo no curso correspondente:

4º A

Accésit 4º A

1º B

Noraboa ás gañadoras e gañador e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de decembro ata o 26 de decembro. Esperámosvos!

 

Felices Festas!!

CONCURSO RELATO CURTO NOVEMBRO

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO IMAXES DO PATRIMONIO

O venres 17 de novembro a alumna que gañou o 1º premio no 6º Certame Imaxes para o Patrimonio de Recollida de Fotografías do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, Martina González de 2º A, acompañada do resto de participantes do certame e dos colaboradores do programa de radio do Día das Bibliotecas, acudiu á Facultade de Ciencias do Campus de Ourense para recoller os premios.

O evento integrouse no 6º Congreso Internacional polo 20 Aniversario da convención de Salvagarda do patrimonio cultura inmaterial (PCI) da Unesco e foi conducido por Damián de Ponte... nas ondas! O alumnado premiado fixo lectura dos textos explicativos das imaxes galardoadas.

A festa concluíu cunha actuación de Uxía Lambona e a banda molona, que puxo en pé a un auditorio entregado coas súas animadas pezas musicais.

 

As imaxes gañadoras poden visualizarse ao completo na seguinte ligazón: VI Certame de fotografía “Imaxes do patrimonio”: As gañadoras! | Ponte... nas Ondas! (pontenasondas.org)

EDDLG principal.png

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

O acto central do magosto, a procesión de mortos por sendeiros da contorna, coa contada de relatos de medo e a degustación de castañas, que estaba previsto inicialmente para o martes 31, día de Samaín, tivo que pospoñerse e, finalmente, cancelarse por causas meteorolóxicas.

No medio de tanta chuvia demos rescatado os contos de medo, que se narraron durante os recreos da semana.

Vídeo 1º A

Vídeo 1º C

Vídeo 1º D

Vídeo 1º E

Vídeo 2º A

Vídeo 2º D

Vídeo 4º B

Parabéns a todos os participantes e moitas grazas pola vosa implicación.

O xurado premiou a aula que mellor respectou as bases da convocatoria e que mellor organizou a actividade atendendo aos 4 aspectos seguintes: calacús, receitas escritas, sobremesas elaboradas e narración de contos de medo.

O grupo gañador resultou 2º ESO A, da titoría de Loli Calvo, que acadou un total de 78 puntos, seguido de 1º E con 66 puntos e de 4º B con 62.

 

premio consistirá nunha xornada de xogos populares no patio do instituto acompañada de “chocolatada” na cafetería.

 

 

EDDLG principal.png

Ondarraia en Madrid

Unha delegación de profesores, alumnos, artistas e portadores do patrimonio cultural inmaterial desprazáronse a Madrid o sábado 28 de outubro, convidados polo Museo Nacional de Antropología, para mostrar o modelo de por Ponte...nas ondas! (PNO!), que foi inscrito no rexistro das boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.O acto tivo lugar no Auditorio do museo.

O programa amosou a fórmula de Ponte... nas ondas!: educación, comunicación, patrimonio e tics.

Tres alumnas do noso instituto, Lúa, Ainhoa e Alejandra, habituais de Ondarraia, a nosa emisora escolar,  foron as encargadas de conducir o “radiovisual” como locutoras e entrevistadoras.

Podes ver o programa  no seguinte enlace: Programa

Fotos da xornada

Información no Faro de Vigo e en Código Cero.

 

Ondarraia en Madrid

CONCURSO RELATO CURTO OUTUBRO

A piques de comezar novembro, co cambio de hora feito e á espera de que o tempo nos deixe rematar co Magosto terrorífico, publicamos os relatos gañadores do mes de outubro.

Se queredes ler os que resultaron gañadores, podedes facelo premendo no curso correspondente:

1º B

4º A

Noraboa ás gañadores e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de novembro ata o 25. Esperámosvos!

CONCURSO RELATO CURTO OUTUBRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2023

Como anunciabamos recentemente, o 24 de outubro conmemoramos o día das Bibliotecas. 

Por un lado, alumnado voluntario de todos os niveis leu durante o programa especial de radio textos literarios de Luisa Villalta, autora que será homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Transmitiuse pola canle de youtube Onda Raia.

Por outra banda, agasalláronse petiscos de lectura.

 

Moitas grazas a todos os que colaborastes e fixestes posible a conmemoración deste día.

 

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet